Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

A quinta edición da Copa Mörling de Dornas a Vela arranca este sábado en Portonovo coa Regata do Sepelo

Culturmar presentou o circuíto deste ano, que inclúe regatas en Cambados, A Illa, O Grove e Combarro

Marcos Buide Pollán, coordinador da Copa Mörling e membro da directiva de Culturmar; Ángel Moldes Martínez, alcalde de Poio; Mónica Leiro Búa, presidenta de Culturmar; Julián Martínez, do Clube Mariño A Reiboa de
Marcos Buide Pollán, coordinador da Copa Mörling e membro de Culturmar; Ángel Moldes Martínez, alcalde de Poio; Mónica Leiro Búa, presidenta de Culturmar; Julián Martínez, do Clube Mariño A Reiboa 
cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Copa Mörling de Dornas a Vela celebra este ano o seu primeiro lustro de vida cun circuíto de regatas en 5 vilas das Rías Baixas. A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) organiza por quinto ano consecutivo este campionato, que arrancará este sábado en Portonovo  coa Regata do Sepelo.

O calendario continuará durante todo verán. Deste xeito, haberá probas en Cambados (Regata do Salnés, 20 de xuño); na Illa da Arousa (Triángulo do Cantiño, 27 de xuño): no Grove (Regata dos Faros, 4 de xullo); e finalizará o 22 de agosto en Combarro (Poio), coa Regata da Reiboa.

Precisamente en Poio foi onde se celebrou onte a presentación da V Copa Mörling. Marcos Buide Pollán, membro da directiva de Culturmar encargado da coordinación deste campionato, puxo en valor o traballo que desde o principio realizan as asociacións por “impulsar o coñecemento da dorna nun gran labor de divulgación a nivel provincial e autonómico”. Ao seu entender, son os colectivos os “verdadeiros fornecedores das regatas e nós, Culturmar, só somos quen lles damos acubillo e axudamos na organización”.

A Copa Mörling é unha proba que naceu como mostra de agradecemento á labor realizada polo etnólogo e antropólogo sueco Staffan Mörling en prol da salvagarda das embarcacións tradicionais galegas. Arredor de 50 dornas e un cento de tripulantes veñen participando cada ano neste campionato, cunha media de 25 embarcacións en cada unha das regatas. Marcos Buide explica que esta participación tan activa é unha forma de “manter estas embarcacións en perfecto estado de revista”.

Na presentación estivo presente o alcalde de Poio, Ángel Moldes Martínez, localidade onde este ano se celebrará a última das regatas desta quinta edición e o acto de clausura da Copa coa entrega de premios. O rexidor local felicitou ás asociacións que conforman Culturmar polo “traballo a prol da tradición e da cultura mariñeira” e asegurou que a navegación a vela das dornas é unha das “estampas máis fermosas” que se poden ver durante o verán nas Rías Baixas.

A presidenta de Culturmar, Mónica Leiro Búa, aproveitou a súa intervención para agradecer a colectivos, dorneiros/as e administracións a axuda e o esforzo realizados para sacar adiante este campionato de dornas a vela. Ao seu entender, o feito de alcanzar a quinta edición “é unha demostración de que se trata dun campionato xa consolidado no que cada ano aumenta o número de participantes”. A presidenta destaca que este circuíto de regatas é a “expresión máxima de competitividade e deportividade”.

As regatas de dornas a vela, lonxe de ser unha mera competición deportiva, son unha demostración de saberes tradicionais que forman parte do rico patrimonio inmaterial que supón a navegación tradicional con vela de relinga. Co obxectivo de promover e estimular a participación neste tipo de eventos, Culturmar conseguiu en 2022 unificar catro regatas

de dornas a vela que xa existían en Galicia (Portonovo, Cambados, O Grove e A Illa de Arousa) e engadiu unha nova, a de Combarro, para crear a ‘Copa Mörling’.

Os colectivos que apoian a Culturmar na organización desta quinta edición do campionato son a Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo; a Asociación A Torre de Cambados; a Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa de Arousa; a Asociación de Amigos da Dorna Meca do Grove; e o Clube Mariño A Reiboa de Combarro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620