Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Silvia Gago: “Este ano aumentou bastante a miña autoesixencia”

A piragüista internacional do Náutico O Muiño é a mellor canoísta júnior de España e competirá no Mundial de Canadá a principios de xullo

Silvia Gago demostrou ser a mellor canoísta júnior de España na actualidade (2)
Silvia Gago demostrou ser a mellor canoísta júnior de España na actualidade (2)
da
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Silvia Gago García (A Illa, 17 anos) é a gran sensación da canoa júnior nacional esta tempada. A palista do Náutico O Muiño de Ribadumia foi campioa galega e nacional de 5.000 metros, gañou a Copa de España de 1.000 en Verducido e exhibiuse no Selectivo celebrado en Trasona (Asturias), onde se impuxo en C1 500 e C1 200, acadando o billete para o Mundial de principios do vindeiro xullo en Halifax (Canadá). Todo isto mentres cursaba 2º de Bachillerato en Murcia, onde reside dende o pasado ano no Centro de Alto Rendemento Infanta Cristina. 

Que tal a proba de acceso á universidade? 

Bastante ben. Non me saíu como esperaba,pero estou contenta. 

Xa sabes que carreira queres estudar? 

Si, quero facer arquitectura. É unha ilusión que teño xa dende pequena porque en primaria gustábame moito o debuxo técnico. Aínda que logo tiven dúbidas porque escoitei que era moi complicada, a verdade é que me fai ilusión e é o que quero.

Como fixeches estes meses para compaxinar estudos e acadar tan bos resultados deportivos? 

Pois foi complicado. Con moita resiliencia e organización. Aquí no centro facilítanolo bastante. 

Como é o teu día a día? 

Pois o primeiro que fago pola mañá é adestrar. Logo teño tres horas de clase dende as once, almorzo e descanso unha hora e xa volvo ás clases e ao segundo adestramento do día. Logo de cear é cando intento sacar tempo para estudar e ás veces teño que quedarme ata tarde porque non dan as horas. 

Só hai tempo para os estudos e o piragüismo?

 Si. Tempo de ocio teño pouco. O que podo sacar, pásoo cos meus amigos aquí no centro. 

Como foi a túa adaptación ao CAR de Murcia, lonxe de Galicia?  Non tes morriña?

Claro, moita. Pero aquí coñecín xente nova e estou ben. O ano pasado dábame medo vir a Murcia e deixar Galicia, pero aquí estaba a miña compañeira de clube Lara (Remigio) e ela integroume moi ben dentro do grupo e é algo que lle agradezo moitísimo. 

Silvia compaxina estudos e piragüismo de alto rendemento en Murcia
Silvia compaxina estudos e piragüismo de alto rendemento en Murcia
cedida

Como explicas os grandes resultados no que vai de tempada? Esperabas este rendemento no Selectivo de Trasona? 

A ver, no 500 ía totalmente motivada para gañalo, tiña a espiña cravada da primeira Copa que me gañara a madrileña Lucía (Pizarro), que é una piragüista top. Pero no 200 non o esperaba para nada. Non me consideraba tan rápida como outras. Este ano creo que á hora de adestrar no día a día a miña autoesixencia aumentou moito. Esfórzome porque sempre quero facelo ben e as cousas saíron. Estou moi contenta. 

Cando e por que empezaches no piragüismo?

Pois con oito anos máis ou menos. Ía a dar paseos cos meus pais por Verducido e vía aos piragüistas adestrar. Para min converteuse nunha obsesión. Quería facer iso e insistinlles moitísimo aos meus pais para que me anotaran. Empecei no Náutico O Muiño de Ribadumia, que é o meu clube de toda a vida, remando en caicac, pero despois probei a canoa e encantoume. É máis dura, polo equilibrio e as dores de xeonllo, pero gústame. Para min Ruso (Jose Manuel Vázquez) foi un adestrador moi importante, animoume moito. Curiosamente co tempo entereime de que miña nai tamén fixera piragüismo de nova e que incluso gañou algunha medalla en K4.

De onde te consideras, Barro, A Illa ou Ribadumia dende que pertences ao Muiño? 

(Risas). A ver, estou empadroada e vivo en Barro, pero no meu corazón sempre vai estar A Illa, porque foi onde me criei, medrei e teño os meus avós. Encántame A Illa.

 O pasado ano lograches un bronce en C2 500 no Europeo coa grovense Lara Remigio e desputaches o Mundial en Portugal. Este verán vas a repetir co Mundial en Canadá e o Europeo en Hungría. Cal é o teu obxectivo en Halifax do 1 ao 5 de xullo? 

Pois teño as expectativas bastante altas. Non sei se chegarei á medalla mundial no C2 500 con Lucía (Pizarro), pero creo que formamos unha moi boa embarcación e temos o nivel para conseguila. 

Que máis distancias vas a remar en Canadá? 

En principio o C1 200, o C4 500 e non sei si farei tamén o C1 5.000 de relevos. 

Entendo que será a primeira vez que viaxes a Canadá. O piragüismo estache a brindar moitas experiencias? 

Si. A verdade e que xa recorrín bastante mundo gracias ao piragüismo. Aínda que nas competicións pouco podo ver dos sitios, diso gozan máis meus pais cando van. 

Como visualizas o teu futuro neste deporte? 

Pois gustaríame poder compaxinalo cos estudos e seguir remando moitos anos máis. Aínda que non sei se será posible. É unha decisión que teño que pensala moi ben.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620