Sara García: “Ser a primeira muller en dirixir ao clube é unha mestura de alegría e tristeza”
A ribeirense tomou as rendas do Atlético Arousana logo de que o equipo baixara a Segunda

O Atlético Arousana volve a ser equipo de Primera Autonómica. Tras o descenso, esta tempada a ribeirense Sara García tomou os mandos do banco para devolver ás vilagarcianas á máxima categoría galega. Un obxetivo cumplido con creces, e que ahora invita a soñar co próximo proxecto xa en Primeira Galicia.
Como se sentiron tras o ascenso?
Moi contenta. Era o obxectivo a principio da tempada. Obviamente hai altos e baixos pero conseguímolo e estamos todas moi contentas co traballo que se fixo.
Como foi coller ó equipo a principio da tempada nunha categoría inferior?
Bueno, cando me chamaron para entrenar ó Arousana, todo o mundo coñece a súa historia no fútbol feminino e estiven mirando partidos do ano pasado. Para mín é un clube histórico, o descenso pasou nos terreos de xogo e creo que non merecían estar en Segunda. Era un reto bonito voltar a Primeira e foi unha decisión fácil de tomar.
Sentiron presión polo ascenso dende o inicio?
A ver, dende o principio todas sabíamos que o obxectivo era o ascenso porque ó clube non lle beneficia nada estar nunha liga tan baixa. Facía anos que o clube estivera en Nacional e nos últimos anos pasaron a poñerse obxectivos de non descender e iso é algo duro para todas. Sabíamos o que tiñamos que facer, non o diría coma presión. É un privilexio. A min gústame o fútbol e gústame competir, non me gustaría estar sen xogarnos nada, porque o fútbol é emoción. Non o chamaría presión, creo que lle chamaría motivación.
Que destacaría durante todos estos meses de traballo?
Sempre digo que o fútbol son as futbolistas. Foi o seu traballo o que nos levou a ascender. Obviamente eu estou para axudar e sempre pensando en que podemos mellorar e que posicións se poden facer mellores. Destacaría sen dúbida a madurez, personalidade e compromiso de todas, porque sin iso non conseguimos nada. Tiven moitísima sorte. Levo moitos anos preparándome para ser unha mellor adestradora e é a primeira vez que dou cun grupo tan bo, tanto a nivel futbolístico como a nivel humano. Adestrar a estas xogadoras é unha honra, sempre foi agradable e fixeron o meu traballo moito máis doado.
As xogadoras fixeron o meu traballo moito máis fácil, é un grupo estupendo
En 28 xornadas solo consumaron tres derrotas, onde pensa que está a chave do éxito?
Ó final é difícil manter a mesma línea durante tanto tempo porque a todo o mundo lle pasan cousas. Creo que a motivación está en mirar para o lado e saber que a do lado vai a dar todo. Non sempre podes dar o 100, pero hai que ser unha piña e estar unhas para as outras. Houbo partidos que chegábamos perdendo ó descanso, pero mirábamos unhas para outras e sabíamos que íamos a gañar porque podíamos facelo e nesa confianza está a chave de facer unha boa campaña.
Pola contra, qué foi o máis difícil de asentar?
O máis difícil foi neses momentos de altos e baixos. Tivemos moitas baixas e lesións e era difícil xuntar xente para adestrar. Pero tamén temos moita sorte de que temos un equipo cadete que son moi boas e sempre acabábamos traendo as nenas para que estiveran con nós. Pero si que nos fastidiaba un pouco porque chegaba o venres e ó mellor lesionábase algunha xogadora e tiñas que cambiar todo o plan para o partido, pero penso que nos adaptamos ben.
Pensa que houbo algún partido ou punto decisivo na tempada?
Si, cando fomos a xogar co Touro, a primeira vez que perdemos. Ó final, o Touro converteuse no noso máximo rival esta tempada na pelexa polo ascenso directo, e ese día fixemos o peor partido. Xogamos fatal, non nos recoñecíamos. Igual é que foi o primeiro rival dos de arriba co que nos enfrentamos e perdemos porque xogamos fatal. Sen quitarlle mérito ó Touro, pero foi un punto de inflexión.
O partido ante o Touro supuxo un antes e un despois, foi o peor de toda a tempada
É a primeira muller en adestrar ó equipo, cómo foi a súa chegada?
É verdade que este mundo sigue quedándose atrás en igualdade. Na Liga Feminina só hai dúas adestradoras, e na división masculina ningunha. Cando cheguei non sabía que ía ser a primeira muller. É unha mestura entre alegría e tristeza, porque ata 2025 non houbo unha muller. Este ano tamén éramos dúas ou tres. A min gústame seguir formándome e ves que a maioría da xente son homes. Esperemos que se den máis oportunidades.
Atopouse con máis prexuízos ou apoios?
Pois eu nun campo nunca me sentín xulgada por ser muller, pero si que a veces tes que escoitar comentarios paternalistas. Pasoume ao acabar un partido no que o outro equipo o adestraba un home e ó rematar vir a darme un consello que non lle pedín. Non creo que se atreveran a iso se eu fose un home. Moitas veces estou no bar de meus pais vendo un partido e cando un señor pregunta polo partido e contesto eu quédase como sorprendido, como que aínda é algo que sigue chocando.
O futuro en Primeira
A pesar de que aínda non houbo unha reunión formal entre os diretivos e o corpo técnico, a idea é continuar.
Continuará no banco do Atlético Arousana en Primeira Galicia?
Pois todavía non tivemos a reunión ca directiva. O ascenso foi hai nada e tamén tivemos a recepción no Concello. Pola miña parte non vai haber ningún problema porque a miña idea é seguir, sería un pracer adestralas.
Pensa que falta ver algunha adestradora no fútbol masculino?
Si. A mín preguntáronme o outro día que por que non adestro a un equipo masculino. Non é que rexeite a oferta porque eu queira dirixir só a mulleres, e que nunca tiven esa oferta. As bases son as mesmas para o feminino que o masculino. Está claro que os homes van ser máis rápidos e fortes por fisionomía, pero o que é o fútbol, é o mesmo. Non o rexeito, pero nunca se me ofertou.










