O CB Río Ulla ascende a Primeira División Autonómica
Venceron ó Sarria na semifinal eliminatoria

Sobresaínte a tempada que fixo o equipo sénior Clínica Dental Mª Jesús García- Río Ulla, logrando o ascenso a Primeira Autonómica este domingo 17 de maio.
Xa durante toda a liga mostraron unha fortaleza, unión e compromiso que as fixo ilusionarse e soñar con lograr unha xesta deportiva esta temporada. Pero o logrado supón algo mais, colocar a un club dunha vila de tres mil habitantes entre o melloriño do baloncesto galego, e xusto o ano no que o club celebra o seu 40 aniversario.
Un baloncesto dinámico e divertido, cunha gran defensa que lles facilitou a opción de lograr moitas canastras en rápidos contraataques. Pelexar cada balón con ambición e tamén ser xenerosas buscando o pase á compañeira. Valores sinxelos nunha receita que non innova nada, pero que é difícil acadar.
Unha 1ª volta inmaculada, con vitorias importantes ante os outros equipos favoritos: na casa ante o EDO Blanco Amor, e foro na pista do COB Ourense. No ecuador da liga, empezaron a sentir que podían acadar algo histórico, e as sucesivas vitorias durante a 2ª volta así o demostraban.
Proclamadas campionas do grupo Sur da 2ª autonómica, o equipo quedou clasificado directamente para xogar a semifinal polo título, tocando coma rival o CB Sarria.
Pero agora falta un ultimo partido. O da gran final, co título de campionas da 2ª división autonómica en xogo. O rival vai ser o COB Ourense, quen derrotou primeiro no cruce do grupo ao EDO Blanco Amor, e posteriormente na eliminatoria pola semifinal ao CB Carballo.
Así que esta fin de semana, ao ter a vantaxe de campo, toca xogar dito partido en Pontecesures, ante un rival ao que xa derrotamos 2 veces, pero ante o que non debemos de despistarnos, pois as de Ourense chegan nun gran estado de forma, o que acredita o gran final de temporada feito por elas.










