Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Tres “inglesas” gañan con Galicia M19 o CESA de Segunda División

Candela Pérez, María Losada e Lía Carrasco formaron parte do combinado que arrasou en Toledo sen recibir ningún punto

As xogadoras de Os Ingleses que representaron a Galcia en Toledo
As xogadoras de Os Ingleses que representaron a Galcia en Toledo
cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

As xogadoras de Os Ingleses Candela Pérez Iglesias, María Losada Tubio e Lía Carracedo Botana proclamáronse campioas do Campeonato de España de Seleccións Autonómicas de Segunda División co combinado galego M19, celebrado esta fin de semana na localidad de Yuncos (Toledo). 

Galicia asinou unha actuación impecable tanto en ataque como en defensa. O combinado galego non só conquistou o título, senón que completou o torneo sen encaixar un só punto en contra, un fito histórico que reflicte a solidez e o nivel do rugby feminino galego. Durante a xornada do sábado, Galicia impúxose con autoridade a Murcia (17-0) e a Navarra (46-0). Xa o domingo, o equipo galego superou ao combinado de Asturias, Cantabria e Canarias por 12-0, antes de rematar o campionato cunha nova vitoria ante Murcia (5-0) na final, pechando así unha fin de semana perfecta. 

Dende Os Ingleses celebran o éxito de contar con tres xogadoras no cadro campión. “As tres foron parte activa dunha selección que demostrou carácter, talento e un enorme espírito competitivo. Desde Os Ingleses queremos felicitar ás nosas xogadoras pola súa contribución a este logro histórico, e a todo o equipo galego polo excelente traballo desenvolvido baixo a dirección técnica da Federación Galega de Rugby”. Este título supón un paso máis na consolidación do rugby feminino en Galicia e un motivo de orgullo para todo o club e a súa afección. 

Polo que respecta ao equipo sénior masculino, xa está a preparar o partido de ida das semifinais polo título, no que se medirá a Kaleido Vigo a fin de semana do 14 e 15 deste mes de marzo. A volta será en Vilagarcía o día 29 de marzo, Na outra semifinal crúzanse o Crat Coruña e o Campus Universitario de Ourense. A final será o 12 de abril. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina