O Acuático Umia proclámase campión galego máster por cuarto ano consecutivo
O equipo absoluto finaliza subcampión de liga de Primeira División

O Acuático Umia conquistou por cuarto ano consecutivo a clasificación final xeral do Campionato Galego Máster de piscina, celebrado o sábado na Antía García Silva, onde se deron 72 deportistas de 11 clubs galegos. O Umia venceu a xeral final con un total de 861 puntos por diante do Sysca (695), o SASA (601), Virsal (464), Laracha (275), Vilagarcía (207), Arteixo (170), Sanxenxo (142), Salvour e Cerceda.
Ademais, o club caldense gañou por séptima edición consecutiva a clasificación final masculina, todo un fito histórico, con mais de 200 puntos de distancia sobre o segundo clasificado. As mulleres conseguiron un terceiro posto final con 286 puntos só superadas poloaSASA e Sysca. O equipo máster acadou 18 medallas individuais e 9 medallas nos relevos, destacando as 4 medallas de Javi Loureiro en +50 ou as tres de Javi Calvo na mesma categoría e Rubén Monteagudo na +40 ou Ángela Peleteiro en +30 feminina. Na categoría de 30 a 39 anos lograron medallas Noelia Sánchez, Rubén Oubiña e Ángela Peleteiro. Na categoría de 40 a 49 anos subíronse ao podio Carlos Montero, David Varela, Rubén Monteagudo, mentres que de 50 a 59 Xavi Calvo foi ouro en 100 obstáculos con novo récord galego, logrando a prata Javier Loureiro. Ambos acabaron con sete medallas, ás que se lle sumaron todas as conseguidas nas probas de relevos.
O domingo celebrouse a Fase Final Absoluta de Primeira División onde o Umia tiña como gran obxectivo a permanencia nesta categoría e onde realizou unha grandísima fase final, con Lidia Aboy como protagonista con un novo récord galego e un espectacular récord de España junior na proba 100 aletas (55,42”).
Nesta fase final o Umia, polo que participaron Carla Martínez, Martina Reguera, Flavia Rebollar, Karol Cascón, Lidia Aboy, Lucía Buceta, Zoila Cabarcos, Ana Abal, Ainoa Carracedo, Lois Ferrín, Hugo Parada, Marco Rebollar, Carlos Abella, Antón Loureiro, Josh Cascón, Roi Paz, Hugo Loureiro, Asier Ramos, Abel González, Manuel Vilar, Daniel Naf e Lidia Aboy.
O clube caldense fixo unha grandísima actuación nesta fase final, estivo no primeiro lugar durante gran parte da xornada e rematou esta fase final, onde se celebraban todas as probas e relevos, a só 10 puntos do finalmente club campión, o Sysca (713 a 703 puntos) e conseguindo así, coa suma das xornadas anteriores o subcampionato desta liga de primeira División absoluta e acadando a permanencia.








