Katy Rebón, do Número Phi, logra a medalla de bronce no Open de Bulgaria
A caldense superou tres combates para chegar ás semifinais en Sofía na categoría de menos de 62 quilos

O taekwondo galego volveu brillar a nivel internacional. Esta fin de semana disputouse o Open de Bulgaria (G-2) en Sofía, cun balance moi positivo de catro medallas para Galicia, unha prata e tres bronces. No equipo convocado pola Federación Galega destacou Ekaterina Rebón (-62 kg, Número Phi), que acadou a medalla de bronce na categoría sénior tras unha gran competición.
A caldense tivo que superar tres combates para chegar ás semifinais. Na primeira rolda venceu á sueca Tindra Anderson, mentres que na segunda protagonizou unha das grandes sorpresas do torneo ao eliminar á campioa olímpica Viviana Marton (Hungría). Nos cuartos de final superou á bielorrusa Anastasiya Smirnova en dous asaltos. Xa na semifinal, Rebón mediuse coa rusa Margarita Blizniakova, nun combate moi disputado a tres asaltos no que finalmente caeu derrotada. A rusa acabaría proclamándose campioa do Open de Bulgaria.
Pola súa banda, Javier Otero (-54 kg, Natural) logrou a medalla de bronce, vencendo a ao bielorruso Mikita Belavyi en dous asaltos e ao saudí Abdullah Almushraf.







