A cambadesa Araceli Bugallo gaña en León o Torneo da Liga AEVE de esgrima
A tiradora do Compostela Esgrima liderou o ranking xeral femenino

O pavillón municipal de Puente Castro de León acolleu o II Torneo Liga AEVE de Esgrima, organizado pola Federación de esgrima de Castela e León e a Asociación Española de Veteráns de esgrima. A cambadesa Araceli Bugallo liderou a clasificación xeral por categorías logo dun concurso no que empezou perdendo no primeiro asalto por un contundente 5-0 contra Cruz Rodríguez (SALO de Santander). Pero a cambadesa gañou os seguintes cruces contra Marta Torre-Encis, do CREA-Alcobendas, Mercedes Orbea do SUAE-Bilbao, Rebeca Gómez do CEP-Madrid e Marta Varela do SAM-Barcelona.
Despois de dúas eliminatorias directas (unha delas na que quedou exenta por ranking), a tiradora do Compostela Esgrima caeu contra Susana de Miguel do SUAE-Bilbao por un marcador de 10-7. Pese a este último resultado, a cambadesa liderou a ranking de espada por diante de Isabel Vázquez e de Mercedes Orbea.
Araceli non puido participar na competición por clubes, xa que Galicia non chegou a conformar equipo. Nesta competición non poideron asistir os tiradores do AVE de Vilagarcía, debido a motivos de lesións e tamén a asuntos persoais.







