Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Ribeira homenaxea aos deportistas do Kenpo Barbanza polos seus éxitos no Europeo

Iván Parada, Noa Santamaría, Naira Parada, Marta Teira, Noah Olveira, Thiago Vidal e Juanra Millares foron recibidos pola alcaldesa

Os deportistas do club ribeirense posan xunto á alcaldesa
Os deportistas do club ribeirense posan xunto á alcaldesa e o concelleiro de Deportes
cedida
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O Concello de Ribeira recibiu a Iván Parada, Noa Santamaría, Naira Parada, Marta Teira, Noah Olveira, Thiago Vidal e Juanra Millares, deportistas do Kenpo Barbanza que lograron 18 medallas no European Championship Spain celebrado recentemente en Bolaños de Calatrava, en Ciudad Real. 

A alcaldesa, María Sampedro, manifestou durante a recepción "o orgullo que sinte a sociedade ribeirense por ter deportistas da súa proxección. Veciños que transformaron a súa afección na súa paixón para compartir coa súa xente os seus logros, facendo entre todos máis grande o nome de Ribeira. Por iso quero animalos a que sigan colleitando éxito tras éxito, que sigan chegando esas boas novas porque non son triunfos só para eles, senón para o conxunto dos veciños."

Recepción aos deportistas de kenpo no Concello de Ribeira
Recepción aos deportistas de kenpo no Concello de Ribeira
cedida

No mesmo sentido  tamén se pronunciou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, para quen "unha das múltiples cousas das que podemos presumir como ribeirenses é a boa saúde da que goza o noso deporte. Temos un gran dinamismo neste ámbito. Os bos resultados non serían posible sen un traballo previo que o avale. Sería inimaxinables sen esa dedicación, ese esforzo e esa paixón polo que facedes." 

A alcaldesa felicitou aos kenpocas dos clubes Barbanza e A Pobra
A alcaldesa felicitou aos kenpocas dos clubes Barbanza e A Pobra
cedida

Iván Parada foi ouro no semi -80 quilos Master e prata en katas senior; Noa Santamaría, bronce en katas por equipos e semikenpo -60 quilos, na modalidade junior; Naira Parada, prata en katas e ouro en semikenpo -50 quilos, na categoría xuvenil; Marta Teira, ouro en kobudo e en semikenpo -60 quilos, prata en katas e bronce en submission en cadetes; Noah Olveira, bronce en kobudo, submission -65 quilos e semikenpo, tamén cadete; e Thiago Vidal, bronce en kobudo e prata en semikenpo -40 quilos. Tamén participou no Campionato de Europa outro veciño de Ribeira: Juanra Millares, do Kempo Pobra. O seu paso pola competición traduciuse en ouro en semikempo e en knckdown, prata en fullkempo e categoría master -70 quilos.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara