Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Ribadumia xa coñece a todas as personas e entidades finalistas da Gala da Festa do Deporte

A sétima edición da gran festa do deporte local será o sábado día 29 no auditorio municipal

O auditorio acollerá o sábado 29 unha nova edción da gran festa do deporte ribadumiense
O auditorio acollerá o sábado 29 unha nova edción da gran festa do deporte ribadumiense
Mónica Ferreirós
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

Ribadumia celebrará o sábado día 29 de novembro a Gala da VIII Festa do Deporte, que xa coñece aos seus finalistas unha vez reunido o xurado para avaliar e valorar os méritos de todas as candidaturas presentadas. A gala servirá para recoñecer ós e ás deportistas e entidades que, co seu traballo e esforzo diarios, promoven os valores do deporte e levan o nome de Ribadumia alí por onde pasan. 

O xurado estivo formado pola concelleira de deportes sen voz nin voto por delegación da presidencia noutra concelleira, por un técnico municipal, un representante do equipo de goberno, dous dos gañadores do ‘Mérito Deportivo’ e un representante dos medios de comunicación.

Brais García (Umia CF), Aarón Fernández (Desguaces Tino Racing) e Yago Serantes (CD Ribadumia) son os finalistas a mellor deportista promesa masculino. Na categoría feminina, as elexidas son Candela Álvarez (Club Piragüismo Verducido-Pontillón), Ainoa Feijoo (Club Náutico O Muiño) e Sara Outeda (Judo Club Galicia Sur). 

Ao galardón de mellor deportista ribadumiense masculino optarán Daniel Gondar (Xuventude de Sisán CF), Celestino Iglesias Cores (Desguaces Tino Racing) e Jorge Iglesias Cores (Desguaces Tino Racing). Na categoría femenina están nominadas Lidia Bello (CD Ribadumia), María Martínez (Desguaces Tino Racing) e Alba Vázquez (Club Náutico O Muiño). 

Na gala tamén se premiarán aos mellores deportistas non ribadumienses pero que están relacionados cos clubes e entidades do concello. Os nominados son Manuel Fontán (Club Náutico O Muiño), Carlos Maquieira (Desguaces Tino Racing) e Adrián Sieiro (Club Náutico O Muiño) en chicos, e Carla Fernández (Club Ciclista Ribadumia) e as piragüistas do Náutico O Muiño Silvia Gago e Lara Remigio, en chicas.

 Optan ao galardón de mellor equipo masculino o alevín de fútbol 8 e o xuvenil do CD Ribadumia, e o Náutico O Muiño, que tamén é finalista na categoría feminina co seu equipo de sprtin olímpico e co C4 do Campionato de España. CD Ribadumia, Náutico O Muiño e Desguaces Tino Racing son os finalistas a mellor club, mentras ao premio a mellor adestrador optan Fran Blanco (CD Ribadumia), Francisco Javier García Parada (Náutico O Muiño) e Jhon Ríos (CD Ribadumia). Os finalistas na categoría ao “Mérito Deportivo” son Leonardo Martínez, a proposta polo Concello, Miguel Vázquez, proposto polo CD Ribadumia, e Nico Mindiola, por iniciativa do Umia CF. 

Son cinco as empresas que figuran na categoría de mellor patrocinador: Celtamotor, Construcciones Agis, Galventus, O Loureiro de Siso e Viña da Codeseira. 

Diario de Arousa, entre os elixidos

En medios de comunicación, os elixidos son Arousa Si Radio, Rallystreaming Fran Rodríguez e Diario de Arousa, que gañou as dúas primeiras edicións da Gala da Festa do Deporte. 

Por último, Alejandro Leiro (Judo Club Senín), Alejandro Pintos (Xuventude de Sisán CF) e María Pérez (proposta polo Club Náutico O Muiño) optan ao premio “arraigo ribadumiense”.

 Todos os finalistas serán recoñecidos na gala do día 29 no auditorio municipal a partir das 18 horas, cando se darán a coñecer tamén os gañadores das diferentes categorías. 

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara