Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

A Deputación destina 100.000 euros a 24 entidades de 15 concellos da provincia para o fomento do turismo deportivo

“Son 40.000 euros máis que o pasado ano para impulsar acontecementos deportivos que, pola súa relevancia, atraen visitantes e reforzan a imaxe turística”, subliñou o presidente Luis López

Luis López durante unha rolda de prensa
Luis López durante unha rolda de prensa
Deputacion Pontevedra
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 100.000 € a 24 entidades de 15 concellos da provincia para o fomento do turismo deportivo. 

“Son 40.000 euros máis que o pasado ano –subliñou o presidente Luis López- para impulsar acontecementos deportivos que, pola súa relevancia, atraen visitantes e reforzan a imaxe turística de Pontevedra, a provincia do deporte”, di Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra.

As axudas oscilan entre os 915 e os 7.600 euros e servirán para financiar actividades deportivas como marchas cicloturistas, carreiras nocturnas, travesías a nado, torneos de tenis, probas BTT, trails, regatas ou eventos como a Gladiator Race de Pontevedra e outras iniciativas deportivas na Guarda, A Illa de Arousa, Moaña, Mondariz, As Neves, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Silleda, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Benefícianse desta liña de axudas provinciais entidades como a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, a Asociación Deportiva e Cultural Galaica, a A.D. Cultural Dorna, a Sociedade Deportiva Samertolameu, a Asociación Educativa e Sociocultural Sportskids, o Club Bádminton As Neves, o Club de Tenis de Pontevedra, o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, o Club Serendipia, a Asociación de criadores de cabalos españois de Galicia, o Club Kayak Tudense, o Club Deportivo Hípico Equigalia, a Federación Galega de Balonmán, o Real Club Náutico de Vigo, o Social Ciclismo Fan Manager e a Agrupación Deportiva Cortegada.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina