Ainara Piñeiro e Dani Abeijón, do Natural de Ribeira, compiten no Europeo Cadete
O campionato comeza hoxe en Atenas coa presencia de seis deportistas de Galicia

Ainara Piñeiro e Dani Abeijón, do Natural Sport de Ribeira, xa están en Atenas (Grecia) coa Selección Española Cadete de Taekwondo para participar no Campionato de Europa que comeza hoxe xoves e finaliza o sábado.
Son seis en total os galegos que forman parte da selección tras acadar a súa clasificación en torneos nacionais ou internacionais. Acompañados polo técnico galego Rubén Taboada. Trátase de Ángela Balado (Mat’s) que competirá na categoría de máis de 59 quilos, Arianna Deibe (Kwon Betanzos) en menos de 51 quilos, Nicolás Casas (Mace Sport) en menos de 49 quilos, e Keila Crujeiras (Malamia) en menos de 59 quilos.
O outiense Dani Abeijón, que xa participou no Mundial Cadete celebrado en Fujairah (Emiratos Árabes Unidos) no mes e maio deste año, compite na cita continental en Grecia na categoría de menos de 41 quilos. Dani entra en liza hoxe xoves, mentres que Ainara Piñeiro, en menos de 29 kilos, debuta o venres.
A presenza dos canteiráns no Europeo é un novo exemplo do gran traballo formativo que está a facer o clube ribeirense, que o luns recibirá durante quince días a deportistas de Kosovo e Suecia que están preparando citas continentais. De forma que durante a fin de semana do 14 ao 16 de novembro o clube levará a cabo un plan especial de adestramento coa presencia de varios deportistas internacionais.










