Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O Concello de Boiro convoca unha liña de subvencións para clubs deportivos federados

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 día hábiles a contar dende este martes 14 de outubro

Los jugadores del Boiro celebran el 0-2. obra de Yosi Montoto
Equipos como Boiro ou Rotogal, entre outros, podrán optar a esta subvención
Gonzalo Salgado

O Concello de Boiro convoca unha liña de subvencións para clubs e entidades deportivas federadas do municipio cun importe total de 63.050 euros co obxectivo de apoiar ás entidades deportivas sen fins de lucro na súa participación en ligas ou competicións oficiais.

Estas subvencións están destinadas a financiar os gastos federativos; de seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios e de comunicación; gastos en vestimenta e lavandería; formación; ximnasio, fisioterapia e farmacia; material de oficina; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións; arbitraxes; premios, trofeos e agasallos; ou equipamento deportivo.

Poderán participar nesta convocatoria as entidades ou clubs federados con razón social no municipio e que participen en competicións oficiais estables; que carezan de carácter de lucro; inscritas no rexistro de entidades do Concello e de Asociacións Deportivas da Xunta e non incorrer en supostos de incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 día hábiles a contar dende este martes 14 de outubro e a presentación deberá facerse mediante o modelo normalizado a través da sede electrónica do Concello de Boiro. Toda a información está dispoñible na web municipal.