Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

A Deputación reparte máis de 100.000 euros entre 82 clubs de Arousa nas axudas ao deporte inferior a estatal

Un total de 564 clubs de 59 concellos da provincia resultaron beneficiados das dúas liñas incluídas na convocatoria, que mobilizou un total de 650.000 €

O presidenta da Deputación, Luis López, na presentación do novo campo de Pontearnelas
O presidenta da Deputación, Luis López, na presentación do novo campo de Pontearnelas
M. F.

A Deputación de Pontevedra destina este ano preto de 104.000 euros para 82 clubs da zona de Arousa no marco das súas axudas para a participación en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na Preferente Galicia de fútbol. 

Nesta convocatoria dotada de 650.000 euros (600.000 € para o ámbito inferior a estatal e 50.000 € especificamente para Preferente Galicia), cuxo reparto se aprobou na última Xunta de Goberno da institución provincial, resultaron beneficiarios 564 clubs de 59 concellos da provincia. 

Un total de 20 clubs de Vilagarcía de Arousa recibirán 25.195 euros: o Club de Balonmán Arousa, a Asociación Deportiva-Cultural Vilagarcía Esgrima, o Atenas Running Vida, o Basket Club Vilagarcía, o Club Agrupación Atlética Mazi, o Club Atlético Arousana, o Club Atlético Vilaxoán, o Club Baloncesto Vilagarcía, o Club Ciclista Xiabre, o Club Deportivo Arousa Padel, o Club Deportivo CD Bamio, o Club Deportivo Pérez Sub, o Club Deportivo Salvamento Vilagarcía, o Club de Rugby Los Ingleses, o Club Natación Vilagarcía S.D., o Club San Martiño de Vilaxoán, o Club Vilagarcía Sociedade Deportiva, o Club Xadrez Fontecarmoa, o Motoclub VFM e o Umia FC (este último en Preferente Galicia).

En Sanxenxo benefícianse de máis de 17.000 euros un total de 12 clubs: a Asociación Xuvenil Saraiva do Mar, o Club Baloncesto Baltar, o Círculo Cultural Deportivo, o Club de Fútbol Dorrón, o Club de Fútbol S.D. Noalla, o Club Deportivo Spsco Watersports, o Club Libertad Sporting Club, o Club Xuventude, o Congostra Team Sanxenxo, o Sanxenxo Balonmán, a Sociedade de Caza A Lanzada e, en Preferente Galicia, o Clube Deportivo Portonovo Sociedade Deportiva.

No caso de Cambados serán dez os clubs beneficiarios, cun total de preto de 16.000 euros: a Asociación Deportiva Grand Jete, o Castrelo CF Veteranos, o Club de Pesca As Joritas, o Club de Tenis Cambados, o Clube de Voleibol Xav Cambados, o Club Judo Senín, o Club Sete Pías de Pádel, o Club Xuventude de Baloncesto, o INNAE e, en Preferente Galicia, o Club Xuventude. Tamén recibirán un total de 8.494,55 euros oito clubs do Grove: Anduriña Sociedade Deportiva, o Club de Baloncesto O Meco, o Club de Pesca Marítima O Isco, o Clube Deportivo Ría de Arousa do Grove, Padel O Grove Team, a Sociedade Deportiva Amanecer, o Tecor San Martiño do Grove e a Unión Sociedade Deportiva.

Ademais, sete clubs de Meis recibirán 8.821,65 €: a Agrupación Deportiva Chan do Fento, o Club de Cazadores de Meis, o Club Armenteira e Punto, o Club Deportivo Mosteiro, o Club Taekwondo Taekanart, a Sociedade de Cazadores de Armenteira e o Zacande Fútbol Club, así como outros sete clubs de Vilanova de Arousa cun total de 6.758,82 euros: a Asociación Cultural Deportiva de Vilanova, a Asociación Mar de Arousa Sociedade de Pesca Deportiva, Rítmica Arabesque Vilanova, a S.D.P. Arnelas, a Sociedade Deportiva Chispa de Corón, a Sociedade de Caza Barusi e a Unión Deportiva San Miguel de Deiro.

En Catoira recibirán un total de 2.544,90 € tres clubs: a Asociación Catoira Veteranos, o Catoira S.D. e a Sociedade de Caza de San Cibrán. Na Illa de Arousa, catro clubs recibirán un total de 7.954 euros: a A.D. Cultural Dorna, o Club Baloncesto Illa de Arousa, o Clube de Ximnasia Rítmica de Arousa e, en Preferente Galicia, o Club Céltiga. 

Tamén se benefician de 3.026,27 outros catro clubs de Meaño: o Club de Billar Rías Baixas, o Club Deportivo Gil Club de Fútbol, a Sociedade de Cazadores de Meaño e o Unión Dena Club de Fútbol. En Pontecesures reciben 2.346,23 euros dous clubs, o Club Baloncesto Río Ulla e o Pontecesures C.F, en Ribadumia son tres os clubs beneficiarios de 3.465,86 euros: o Club Ciclista Ribadumia, o Club Deportiva Ribadumia e o Xuventude de Sisán Club de Fútbol, e en Valga recibirán 2.210 € o Cordeiro Club de Fútbol e a Sociedade de Caza San Huberto.

Con estes recursos, os clubs da provincia poderán financiar os gastos derivados da súa actividade competitiva durante a temporada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025: gastos federativos, de competición e de adestramento, de persoal, de material deportivo, así como gastos sanitarios.