Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

A BTT de Caldas consolídase con éxito na súa segunda edición con máis trialeiras

Manuel Fariña agradeceu ó Club Scornabiker a organización e deseño da proba

Manuel Fariña cos vencedores da BTT de Caldas
Manuel Fariña cos vencedores da BTT de Caldas
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A segunda edición da BTT Caldas Vila Termal volveu converterse nun éxito con 200 persoas participantes que percorreron os montes de Caldas. A proba, segundo destacou o Tenente de Alcalde e responsable de Deportes Manuel Fariña, cambiou significativamente o seu trazado con respecto a 2024, pasando a ser moito máis espectacular: aumentou o número de trialeiras, reduciu o pisteo e incluíu máis nivel acumulado por algúns camiños bastante duros.

“Hai que felicitar aos Scornabiker polo deseño, porque as e os participantes puideron gozar de excelentes paisaxes nunha proba con desafíos técnicos importantes. O traballo de preparación da proba foi excelente”, subliñou o responsable municipal. Segundo Fariña, a BTT Caldas Vila Termal volveu destacar pola súa alta inscrición, cumprindo o obxectivo de consolidarse e ser unha cita imprescindible no calendario deportivo galego.

Unha das principais novidades foi o aumento do número de trialeiras, treitos de terreo de alta dificultade técnica, con pendentes pronunciadas, firme irregular con rocas, raíces e outros obstáculos, que esixiron grande habilidade para superalas. As bicicletas partiron cara á Fábrica da Luz, por onde pasaron pola contorna dos muíños e a ponte de pedra, para despois ir cara ao Monte de Santa María, onde estaban a maior parte das trialeiras. Finalmente, circulouse cara o Xiabre con máis pisteo final, outra trialeira ampla e percorreuse a beira do río cara a meta, igualando neste treito o trazado do 2024. Así, para todo o percorrido estaban previstos dous avituallamentos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620