Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambados

Xironsa contará no seu festival con Unto Vello e Ailá e inclúe unha inciación ao baile galego

A asociación presentou o programa completo, que inclúe o seu tradicional xantar na Praza da Seca

Un momento da última edición do festival
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A asociación Xironsa xa ten todo preparado para a XXVI edición do seu festival de verán, que terá lugar o próximo 4 de xullo, na Praza da Seca de Corvillón, en prol da promoción e divulgación da cultura e da música tradicional galega. Así, a entidade fixo público onte os detalles da programación, que traerá ao dúo Unto Vello ou ao grupo Ailá e na que non faltará o seu tradicional xantar, cun menú de 25 euros para adultos e de quince euros para nenos de 6 a 12 anos.

A actividade comezará así desde primeira hora da mañá, con pasarrúas a cargo de Ansuíña e Xironsa. Xa a mediodía non faltará unha sesión menú coa música da Banda Municipal de Ribadumia, que dará paso ao xantar. Xa pola tarde a programación estará enfocada nos máis pequenos con actuación de Peter Punk, un dos clowns máis coñecidos e queridos da escena galega de novo circo; festa da escuma; e unha actividade de iniciación ao baile tradicional da man de Chito Barreiro, mestre de baile da asociación.

En horario nocturno chegará a quenda das actuacións musicais, empezando pola propia Xironsa, que volverá a poñer en grande á música galega tradicional. Un dos pratos fortes será Unto Vello, un dúo formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez que nace da recollida de cantares tradicionais por diferentes zonas do país, dándolle nova vida á música de sempre e levándoa aos escenarios cun estilo propio e moi coidado.

O broche final poñerao Ailá, cunha proposta coidada e chea de identidade que trata de involucrar ao público, que finalizará a cita cunha gran foliada de fin de festa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620