Cambados rinde homenaxe a Martín Códax, unha adega "sempre ligada á terra, á cultura e ao país"
O Concello recoñece o labor da cooperativa, que recibiu o Premio da Cultura Galega 2025

A Concellería de Cultura, Ensino e Patrimonio realizou esta mañá unha recepción oficial a Bodegas Martín Códax co gallo do Premio da Cultura Galega 2025 e a recente celebración do 40 aniversario da adega. Un recoñecemento, sinalou o concelleiro Liso González, que é “unha das máximas distincións do noso país” e que constata “o voso compromiso e a vosa forma de facer entender o éxito sempre ligado á terra, á cultura e ás persoas”.
Neste sentido, González recalcou a Martín Códax como moito máis cunha adega: “É un proxecto colectivo que demostra que o desenvolvemento económico e empresarial pode ir da man da defensa do territorio, da identidade e da cultura propia”. “Cando alguén fala de Martín Códax —engadiu o edil— fala de viño, pero tamén de excelencia, de calidade, de compromiso, de internacionalización e, sobre todo, fala de país”.

Por todo elo, o Concello decediuse por recibir, baixo o son da pandeireta e da gaita de Isa e Nacho, aos representantes da adega en un emotivo acto, “que ñe máis que un protocolo institucional, é un acto de gratitude, de orgullo e de xustiza”.
Un proxecto colectivo
Pola súa parte, o presidente da cooperativa, Xoán Allegue, agradeceu o homenaxe realizado polo Concello, máis nunha xornada na que se celebran en Pontevedra os Premios Martín Códax da Música. Así mesmo, recalcou que o compromiso pola cultura galega, moi especialmente coa música, forma parte da identidade da cooperativa e recalcou que o recoñecemento “pertence realmente ás familias que forman parte deste proxecto, ás persoas traballadoras da adega e a todas as persoas que contribuiron no proxecto colectivo de Martín Códax nestos 40 anos”.
"Ao longo de estos anos quixemos que Bodegas Martín Códax fose tamén un espazo aberto á creación cultural, apoiando artistas, iniciativas e proxectos que axudan a dar vida e proxección a nosa cultura, porque entendemos que o viño, a música, a lingua e o terriotio forman parte dunha misma maneira de sentir a vida".
"Seguiremos traballando coa misma ilusión e responsabilidade para seguir levando o nome de Rías Baixas e de Cambados", concluyó Allegue, que estuvo acompañado en el acto por José Ramón Villanueva e Rafael Lores.










