A Banda de Castrelo volverá pór a música este 17 de maio cun concerto en A Xuventude
Será ás 12:30 do mediodía, cun programa pensado para a efeméride e o compromiso “coa cultura galega”

Cambados volverá desfrutar neste 17 de maio dunha das súas tradicións. A Banda de Castrelo será a encargada, un ano máis, de pór a música.na vila albariñense a esta efeméride. A formación ofrecerá así un concerto especialmente pensado para esta data, ao que invitan a asistir a todos os veciños e visitantes.
O concerto dará comezo ás 12:30 horas do mediodía e terá lugar nas instalacións do auditorio municipal de A Xuventude, dentro do programa e ciclo cultural titulado ‘Mes das Letras’. Trátase, pois, dunha iniciativa que une a colaboración da Banda de Música e do propio Concello cambadés.
Baixo a dirección de Nicolás Portas, a formación ofrecerá un programa “especialmente deseñado para esta celebración, cun repertorio centrado na música e identidade galegas e pensado para todos os públicos”, sinalan.
Con esta actuación, a Banda de Música de Castrelo “reafirma o seu compromiso coa difusión da música de banda e coa promoción da cultura galega, participando activamente nunha das citas culturais máis destacadas destas datas”, conclúen nun comunicado.










