Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambados

Un total de 57 proxectos irrompen como finalistas nos Premios Martín Códax da Música

Ábrese o período de votación ata o 24 de maio na páxina web con catro candidaturas con orixe arousá

Foto de familia do medio centenar de finalistas nas terrazas de Bodegas Martín Códax
Foto de familia do medio centenar de finalistas nas terrazas de Bodegas Martín Códax
Gonzalo Salgado
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Un total de 57 proxectos son xa finalistas da XIII edición dos Premios Martín Códax da Música, organizados pola asociación Músicas ao Vivo, que concorrerán por gañan nalgunha das 19 categorías (incluidas as de artista emerxente e dos Premios Organistrum). Así pois, 19 destes proxectos serán galardoados na cerimonio final —que terá lugar o vindeiro 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra— e o público pode votar xa aos seus favoritos a través da páxina web ata o 24 de maio.

O voto do público, xunto ao das persoas asociadas a Músicas ao Vivo, contará cunnha ponderación do 50% trala selección do xurado, que incúe a catro propostas con orixe arousá: a orquesta La Fórmula, a sala cambadesa Krazzy Kray!, a banda grovense Nadadora e o dueto Lula Mora, do que forma parte a cambadesa Sara Caride.

Categoría a categoría

Así pois, dentro das quince categorías principais, Urko, Keepers e Talesian son os finalistas en Metal e Heavy; Antía Muíño, Sandre de Muérdago e Zeltia Irevire fan o propio en Canción de Autor; Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata, en Blues, Funk e Soul; Galician Army, o popular DJ sonense Kike Varela e Løch, en Electrónica; Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii, en Rock e Punk; Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedoloop, en Músicas Urbanas; Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula, en Orquestras e Música de Verbena; Alejo Amoedo, Ensemble Alletamento e María Mendoza, en Música Clásica e Contemporánea; Xan Campos “Amorodios”, María Toro e Manuel Cebrián-punctum, en Jazz; Nadadora, Montedapena e Michu da Rocha, en Pop e Indie; Lidia India, Marta Vidal e Abril Fado Atlántico, en Músicas do Mundo; Paco Nogueiras, Ollo Piollo e Golfiños, en Música Infantil; Abril, Alana e Guezo, en Folk; mentre que Unto Vello, Donicelas e Carapaus fano en Música Tradicional; e as bandas de Celanova, Oleiros e Torroso son igualmente finalistas na modalidade de Bandas Populares.

En canto á categoría de Artista Emerxente, o dueto arousano-canario Lula Mora —formado pola cambadesa Sara Caride e a tinerfeña Silvia Izquierdo— competirá con Raze e Apolo18. Por último, en canto ás tres modalidades dos Premios Organistrum; a cambadesa Krazzy Kray! concorrerá na categoría de Salas coa compostelana Capitol e a viguesa La Fábrica de Chocolate; mentres que Galicia En Concierto, A Canle De Rodri Míguez e Fogar dos Festivais farán o propio en Comunicación Musical; e o Festival Arteficial, Surfing The Lerez e Festival Alternativo Millo Verde, por último, son tamén finalistas na modalidade de Festivais.

Así, os finalistas cumpliron esta tarde coa tradición e reuníronse na terraza de Bodegas Martín Códax, tras ser escollidos polo xurado profesional, conformado pola pianista María Domínguez, a artista Blanca Pereira, ‘Rumia’; o guitarrista da banda Brutal, Isidro Otero; o xornalista Luis Pardo e a xestera cultural Marta Horjales.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620