Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambados

O Festival dos Maios de Cambados repartirá 175 euros aos participantes e contará con desfile e festa en Torrado

Festival dos Maios en Cambados (14)
Unha edición anterior da cita festiva
Gonzalo Salgado
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Cambados publicou a convocatoria do Festival dos Maios, que contará cunha gratificación de 175 euros para todos os participantes, que serán un máximo de catorce grupos. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e concluirá o mércores 29 de abril. Así mesmo, as solicitudes recolleranse na biblioteca, de luns a vernes, de 10 a 14 e de 16 a 20:30 horas, e os sábados, de 10:30 a 13:30 horas.

Os grupos estarán formados por un mínimo de dez personas e os maios deberán ter, como mínimo, un metro de alto e 70x70 centímetros de base. Así, cada grupo deberá presentar un maio, relacionado con materiais tradicionais, que terá que presentarse o xoves 1 de maio, ás 11 horas, na Praza do Concello, para o desfile ata o Parque de Torrado, aínda que en caso de mal tempo trasladarase o festival ao Salón José Peña. Además, os medios contarán con medios propias para facer a súa actuación nun máximo de vinte minutos e cun mínimo de dúas pezas musicadas.

Con elo, a Concellería de Cultura, Ensino e Patrimonio tratará así de dar un novo impulso a unha cita tradicional en toda a contorna.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620