Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambados

Castrelo abrirá mañá o programa de ‘Cultura ao quente’ coa actuación do dúo Unto Vello

Xabi Gómez e Bieito Pereira conforman este dúo
Xabi Gómez e Bieito Pereira conforman este dúo
Cedida
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O dúo Unto Vello abrirá mañá unha nova edición do programa ‘Cultura ao quente’, impulsado pola Concellería de Cultura de Cambados. O grupo formado por Xabi Gómez e Bieito Pereira actuará así este domingo, a partir das sete da tarde, no centro cultural de Castrelo, nun ano que se presenta exitoso para a formación, que recupera a música tradicional cun toque propio e que presentará o seu novo disco, ‘Inmaterial’, na Sala Capitol de Santiago de Compostela no próximo mes de marzo.

O ciclo cambadés, que levará propostas culturais ás distintas parroquias do concello e que propón unha xornada de convivencia cun petisco tras as actuacións programadas, continuará a próxima semana na parroquia de Oubiña, o día 18 de xaneiro, tamén ás sete da tarde, cunha xornada protagonizada por Lina e Lola. Xa no centro, ao Auditorio da Xuventude acudirá o 24 (20:30 horas) Os Xesteira e un día despois Quico Cadaval fará o propio no centro cultural de Vilariño, ás siete, como un dos platos fortes dun programa que aposta pola música galega, pero que tamén abre espazo para a narrativa oral. No mes de febreiro, Abril actuará en Corvillón (día 1, ás 19), para poñer o broche final Momboi, o 7, no Auditorio da Xuventude, a partir das oito e media da tarde.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica