Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambados

A Fundación Plácido Castro e a Agpti organizan un seminario sobre tradución en Cambados

Tamara Andrés e Oriana Méndez gañaron o Premio Plácido Castro en 2023
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Fundación Plácido Castro e a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti) organizan —coa colaboración do Concello de Cambados e a Consellería de Cultura— o vindeiro sábado, 15 de novembro, o I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro, que xirará arredor da obra ‘As Iluminacións’, de Arthur Rimbaud, e contará coas gañadoras do Premio Plácido Castro da edición de 2023, pola tradución desta obra, Tamara Andrés e Oriana Méndez.

O seminario, que se desenvolverá no Salón José Peña (Rúa do Borrón, 14) e no que se traballará no francés-galego, está dirixido a estudantes e persoas iniciadas no proceso de tradución, así como a calquera outra persoa con interese e competencia lingüística. A sesión complementarase cun faladoiro aberto ao público xeral,  coa participación das autoras e a dinamización da tradutora Béatrice Pépin, e mais cun roteiro por Cambados arredor da vida e obra de Plácido Castro e a súa relación con esta vila.

Así pois, desenvolverase durante toda a xornada e, tanto o faladoiro como o roteiro son gratuítos, mais para o seminario hai un total de 25 prazas dispoñibles, cuxo prazo de inscripción xa rematou. En canto ao programa, iniciarase as dez da mañá co propio seminario, que constará de dúas partes (de 10 a 12 e de 16:30 a 18:30 horas). O faladoiro, titulado “A tradución como diálogo constante” terá lugar de 12:30 a 14 horas e estará dinamizado por Béatrice Pépin e o faladoiro pechará o programa ás 18:30 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620