Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambados

Cambados promociona a lingua nos nenos de Educación Infantil co reparto do libro Abecedario

Abecedario

A Concellería de Normalización lingüística, que dirixe a nacionalista Mar Pérez, distribui preto de medio milleiro de exemplares do libro Abecedario, da Mesa, entre o alumnado de Educación Infanil (3, 4 e 5 anos) de todos os centros de ensino da vila, para normalizar o uso da lingua galega “xa desde as primeiras edades” e dar a coñecer o vocabulario. Además, Magín Blanco compuxo tamén unha canción para estes libros, que se utiliza co fin de que resulte máis atractivo para as crianzas.

O reparto destes exemplares efectuouse no marco do Mes das Bibliotecas, con preto dunha vintena de actividades culturais para os máis pequenos. A idea é que cada neno podúa un exemplar no seu fogar para que poida familiarizarse co uso da lingua.

Neste sentido, a concelleira defende que existe unha “insostible situación de diglosia na que o castelán está a oprimir ao galego en todos os eidos da sociedade”, tamén no eido da educación a través da Lei do Plurilingüismo, sinala, que “eu a darlle a estocada final á vida da nosa lingua outorgándolle ao galego un irrelevante papel, vinculándoo ás materias de menos carga lectiva, situándoo por debaixo da lingua española e estranxeira.”, recalcou.