Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambados

Cambados inicia o Mes das Bibliotecas cunha extensa programación de actividades para os máis pequenos

Liso González BNG Cambados
Liso González, edil de Educación e Cultura
Gonzalo Salgado
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Redacción / Cambados A Concellería de Educación e Cultura iniciou onte o Mes das Bibliotecas, que encherá as parroquias cambadesas cun total de dezasete actividades para a promoción e fomento da lectura e do galego. O edil responsable da área, Liso González, sinalou que o extenso programa demostra “o compromiso desta Concellería co idioma, co ensino e con espallar por todo o territorio do concello as actividades”, levadas a cabo “mantendo o compromiso da estabilidade financieira” cun “orzamento escaso”. 

A programación iniciouse onte en Vilariño cun espectáculo de maxia. Hoxe a casa de cultura de Corvillón acolle a función ‘A verdadeira historia de Hamelín’, de Moc Moc, ás 18 horas. Está dirixida a nenos maiores de tres anos e volverá a representarse mañá na alameda de Oubiña, a mesa hora. 

O xoves, a casa da cultura de Castrelo ofrecerá o contacontos ‘Frumario o bibliotecario’, de Manuel Pombal, tamén ás seis da tarde. Así, pecharase esta primera semana de programación, que combinará actividades abertas aos públicos con outras realizadas no propio horario escolar nos CEIP de San Tomé, Castrelo, Corvillón, Vilariño e Tremoedo, así como na Escola de Educación Infantil de A Modia.

Programa completo do Mes das Bibliotecas
Programa completo do Mes das Bibliotecas
Concello
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620