Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Xosé Lois Leirós | “Creo que ao goberno local lle falta empatía e proximidade cos veciños. As maiorías absolutas nunca son boas”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Xosé Lois Leirós Gude naceu na Lomba, en outubro 1944. Con 25, e tras un breve paso por Manchester, emigrou para Suiza xunto a súa parella, Dores Suárez. No país centroeuropeo traballa de transportista para unha multinacional, de chofer e para correos. Alí empeza a militar no BNG, partido no que segue ao volver e do que é concelleiro desde abril.

¿Como era a vida alá en comparación coa que tiña aquí?

A vida alá era boa, cunha boa calidade de vida. Xa te podes imaxinar se falamos de 1969... ponte en situación. No ano 1969 a vida era terrorífica. Chegar a Suiza era como o paraíso, non so económica e socialmente, se non pola democracia, por ter dereitos e liberdades. O cambio foi radical.

¿Foi alí onde se despertou o seu espíritu político?

Eu non me sinto político, pero reivindicativo e activista si. Cando me fun tiña 24 anos, e antes botei dous de mili. Iso, xunto coa situación do país, que era de ditadura, fixeron que eu estivese totalmente cego. Non tiña nin idea de que había dereitos e liberdades e que, ademais, se podían reivindicar.

Tiveron que deixar aquí ás súas fillas, ¿non?

Si. Eu marchei con contrato de emigración, que firmaban entre países, e prohibían levar a ninguén contigo. Era imposible. Daquela eran moi pequenas, unha tiña sete meses e outra preto de dous anos. Tivemos que ir sen elas. É verdade que, co paso do tempo, collín todos os dereitos dos cidadáns suizos, menos o de votar, e podería ter levado ás nenas. Pero elas non quixeron e eu non quixen facer, obrigatoriamente, dúas emigrantes máis. Estar alí sen as nosas fillas foi moi duro. Soamente o sabe quen o experimenta. Non se pode explicar. Desde o meu punto de vista, creo que a emigración é un dos castigos máis duros que se lle pode impor a un ser humano.

Saír da España de 1969 e chegar a Suiza foi como chegar ao paraíso. Non so económica e socialmente, había democracia, dereitos e liberdades. O cambio
foi radical

¿Estar lonxe da patria espertou o seu nacionalismo?

As persoas somos como plantas, se nos sacan do noso hábitat... Empezas a botar todo de menos, desde o pan de Cuervo a calquera cousa. O que máis as fillas, claro, pero tamén os amigos, o resto da familia... Houbo moita xente que non se moveu, pero eu si que entendín que había que loitar. En Zurich, que é a cidade máis grande de Suiza, non había centro galego. Empecei a coñecer a mais galegos que tiñan inquedanzas políticas. Algúns xa militaban na UPG, cando estamos a falar dos anos 70...Empecei a enteder que somos un país, que temos un idioma, unha cultura... Nos comprometemos a fundar un centro galego, pero non so para xogar ás cartas. Xa no nome intentamos diferenciarnos e lle chamamos Promoción da Cultura Galega. Fixemos moito traballo. Celebrabamos o día das Letras Galegas, o día da Patria Galega, levamos mestres de lingua, fixemos un montón de conferencias de todo tipo, recollimos firmas pola illa de Cortegada e en defensa da Ría de Pontevedra fronte a ENCE...

E a segunda vez que entra como concelleiro, como ve a política municipal?

Tendo en conta que levo moi pouco tempo, teño que agardar un pouco para sacar conclusións. Pero, sen entrar en profundidades, daquela eramos dous e como non tiñan a maioría absoluta buscaron sempre o noso apoio. Agora, sen acritude, palpo como que hai máis prepotencia. Para eles, os demais partidos políticos somos como floreiros. As maiorías absolutas nunca foron boas. Eu vou a seguir facendo propostas en positivo.

En liñas xerais, que bota en falta deste goberno?

Creo que lles falta máis empatía, máis proximidade e máis escoitar aos cidadáns. E tamén, díxenlles no Pleno, fáltalles planificación. Fanse cousas que non teñen sentido e ao mesmo tempo abandónase a media Vilagarcía. No pasado Pleno presentouse unha moción do PP para arranxar as praias da Concha- Compostela, que son unha motra máis da falta de planificación da que adolece Vilagarcía de sempre, porque esa praia alguén a destruiu, xa non hai praia natural. Eu fixen un engadido para que tamén se arranxasen o resto. O PSOE dixo que con ese engadido votaría en contra e o PP non o aceptou porque, se non, non sairía adiante. Por que un goberno municipal se nega a que esté por escrito que hai que ter en orde as praias do municipio? Farase cando se poida, pero non se pode negar.

Falaba de planificación. Queda un ano para as eleccións, vai ser vostede o candidato do BNG?

Esta é a pregunta do millón. Xa me gustaría ser candidato no meu pobo, pero teño unha idade. Eu son moi sinceiro, non coma eses que se inventan carreiras. A verdade é que aínda non o falamos na organización. Tivemos recentemente un encontro municipalista para empezar a planificar. Eu so adianto que, se hai quen colla o mando e esté disposto a facerse responsable da candidatura, eu non vou poñer ningún impedimento.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620