Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Vilaxoán queda sen comisión de festas para a organización do Carme e do Rosario deste ano

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Motivos persoais son os que levan á comisión de festas de Vilaxoán a dar un paso ao lado polo que tanto a celebración do Carme como do Rosario –dúas das efemérides máis destacadas nesta localidade– están agora no aire. Dende a comisión saínte –toda conformada por mulleres e que decidiu pórse ao fronte deste reto hai xa uns anos– sinalan que elas non poden seguir e que aínda está pendente a celebración do bingo, que se fará para poder pagar as cousas que quedan pendentes.

En todo caso dende a comisión animan a outros veciños e veciñas de Vilaxoán a coller as rendas para que tanto o Carme, no mes de xullo, como o Rosario, en outubro, poidan ser unha realidade neste 2025. E é que poucos poden concebir na zona unhas celebracións da patroa dos mariñeiros que non veña vencellada á música das orquestas e ao tradicional Vilaxoán Canta na Praza de Rafael Pazos. Programacións moi completas que contribuían tamén a crear dinamismo nesta localidade da Ría de Arousa.

Así pois Vilaxoán está, de momento, orfa de celebracións destas características ata que haxa outro grupo de persoas que decidan dar o paso e organizar o que son das festas máis populares de Vilagarcía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620