Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Vilagarcía habilita 540 prazas de aparcamento na Finca Douro

Vilagarcía acaba de habilitar un total de 540 prazas de aparcamento na coñecida como Finca Douro. O Concello acondicionou unha superficie de 13.500 metros cadrados para compensar o peche do parking dianteiro de Fexdega, no que se están acometendo obras para a construción de tanques de tormenta que eviten as inundacións. Dende Ravella sinalan que a actuación que se levou a cabo non só se limita a compensar as prazas inhabilitadas temporalmente coas obras - que son unhas 120- senón que se cuadriplican. Así pois a superficie acondicionada está dividida en tres zonas de enorme bolsa de terreo. A primeira ampliou o que xa era o aparcamento disuasorio, que é a situada entre a esquina de Rodrigo de Mendoza e a Rúa Castiñeiro (a escasos 50 metros de Fexdega). A segunda é a que segue hacia o frontal da rúa Arealonga e a terceira é a zona da propiedade que linda coa rúa Moreira, nas Bocas.

Para facilitar a entrada e saída de vehículos do disuasorio establecéronse tres accesos: dous dende Rodrigo de Mendoza e un terceiro pola rúa Moreira. Lembran dende o Concello que o parking dianteiro de Fexdega non está totalmente inutilizado polas obras. Aínda quedan unhas 80 prazas dispoñibles no extremo que dá acceso rodado ao recinto feiral e ao aparcamento posterior, que tamén ten capacidade para outras 400 prazas.