Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

A sardiña reinará no adeus de Revenidas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Non terán rival nin tampouco ninguén que lles faga sombra. As sardiñas “revenidas” serán hoxe as verdadeiras protagonistas da última xornada que leva ese mesmo nome. Como marca a tradición a organización preparará máis de 6.000 kilos para todos aqueles que se acheguen a partir das doce da mañá ao parque de Dona Concha a participar no gran xantar popular. Será, como ben saben facer en Vilaxoán, unha romaría das de toda a vida. Haberá sesión vermú amenizada pola música dos Terribles de Arousa dende as doce e media.

A organización non deixa nada ao azar nesta xornada de portas abertas nas que todas as actuacións se abren ao pobo de forma gratuíta. Haberá, ademais, propostas para todos os públicos. Á unha da tarde terá lugar un concerto de punk para público infantil e a sardiñada comezará oficialmente á unha e media da tarde. Haberá mesas e sillas para os que queiran pasar unha sobremesa entretida. A actuación de As do xeito está programada para as dúas e cuarto da tarde, mentres que os sempre incombustibles compoñentes de Mekánica Rolling Band empezarán a poñer a banda sonora da tarde ás tres e media.

Fiel ao seu estilo máis reivindicativo que este ano se deixou notar máis que nunca a gala de circo solidario – no propio parque de Dona Concha– arrancará ás cinco e cuarto da tarde.

Un dos momentos máis esperados chegará ás oito menos cuarto da man da Orquestra Bravú Shangai, do polifacético Xurxo Souto. Será esta formación a que fará un irmandamento con Vilaxoán nunha actuación conxunta coa coral Máximo Patiño. Outro momento para o recordo de Revenidas. Terrae, ás nove e cuarto da noite, será a formación encargada de poñer o ramo a esta edición do festival arousán.

Cabe recordar que nesta última xornada tamén haberá os Concertos a Bordo do Chasula. Ás 13 horas será co acústico de Dakidarría, ás 15 horas será a quenda de Budiño e o último será para Xabier Díaz ás cinco da tarde.

Un sábado sen descanso

Ao festival aínda lle queda corda despois dun sábado de máis de 18 horas de música sen descanso e cheo en practicamente todos os concertos que arrincaron xa de mañá. A climatoloxía volveu acompañar e os Lendakaris Muertos –unha das bandas máis esperadas da edición e tamén cabeza de cartel– marcaron un concerto épico e cunha despedida de Vilaxoán, de Galicia e tamén dos escenarios alomenos ata novo aviso.

A partir daí xa nada podía saír mal. Monoulious DOP fixo saltar a aqueles que preferiron bailar antes ca comer ás dúas da tarde e Mondra protagonizou a súa particular “ronda” baixo un sol de xustiza. Deixaron a entrega en bandexa para uns Dakidarría sen os que non se concibe xa unha edición do Revenidas. Os de Val Miñor dérono todo durante hora e media de actuación e de día. Non faltaron as críticas á xestión forestal nin tampouco a Altri. Regado todo iso con apoios claros a Palestina.

A tarde esperaba con ansia a Heredeiros da Crus, que repetiron o éxito de hai anos (antes do seu parón por mor da enfermidade de Javi Maneiro) deleitando cos seus grandes éxitos cando aínda era de día. Foi a actuación máis esperada da tarde. Riot Propaganda, La Fúmiga ou Élite tamén conseguiron fechar os concertos de pago cunha nota alta outorgada polos asistentes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620