Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

O "reto" de falar galego, unha webserie do máis comprometida

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A asociación Alingua, da que forman parte diversos concellos de Galicia, Vilagarcía entre eles, e que ten a Deputación de Pontevedra como entidade amiga, promociona o uso activo do galego coa campaña “É túa, pásaa”. El lema da iniciativa colga xa, dende hai días, dounha lona no balcón de Ravella, despertando a curiosidade de numerosos viandantes.

Vilagarcía foi o lugar elexido para a estrea desta campaña e no Salón de Plenos desvelouse o tema musical creado para difundir a súa mensaxe. Trátase dun tema realizado por Fátima Pego e Grande Amore, dous exitosos artistas que poñen rostro a unha pegadiza peza de estilo electro latino.

Unha campaña pensada especialmente nos mozos, polo que ten nas redes sociais unha importante canle de difusión. É neste ámbito no que se enmarca a weberie en formato vlot “O gran reto”, na que tres persoas castelanfalantes amosarán a súa experiencia vivindo en galego durante 21 días. A creadora de contido María Rúa será a creadora deste proxecto, no que cada protagonista fará un capítulo semanal con distintos desafíos.

Unha das participantes é Martiña Pérez, que estivo na presentación do evento. É unha rapaza de 25 anos que recoñece que todo o seu entorno fala en castelán e que emprega o galego so “con xente maior” e “nos ámbitos formais”.

“Apetéceme asumir esta aventura porque non quero que desapareza o galego”, asegurou a moza, que animou a todos a “vivir en galego” e asegurou que o idoma precisa de “xente con vontade que deixe atrás as escusas”. Foi unha das intervencións dun acto que presidiu Tania García, como tenente de alcalde, que destacou que un pobo con dúas linguas “é moito máis rico”.

Material promocional

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega integra a dezanove concellos galegos. A vicepresidenta é Leticia Santos, alcaldesa de Moaña, que destacou a importancia do traballo cooperativo para a política lingüística, “pois ademais de permitir rendibilizar esforzos que se realizan para dinamizar o uso da lingua”.

Unha mensaxe na que incidiu a concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón. “Xunto podemos chegar moito máis lonxe”, asegurou a edil, que tamén se encarga da área de Normalización Lingüística. Victoria Quiroga, de Rois, sinalou en que o lema da campaña trata de incidir, de forma activa, naquelas persoas que “non queren mal ao galego” pero non se “atreven” a falalo”.

A asociación, xestionada a través dos servizos de normalización lingüística, inclúe entre os seus obxectivos promover e dinamizar o emprego do galego. Repartirase material promocional da campaña, como vinilos e bandeirolas, no Auditorio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620