Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Reportaxe | Revenidas convértese no festival das reivindicacións e ofrece hoxe 18 horas de música en directo

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Revenidas volveu a enarborar a bandeira da identidade e da reivindicación na súa segunda xornada de música en directo e este é o lema que seguirá hoxe, con 18 horas continuadas de actuacións nun Vilaxoán entregado á causa. A música galega de primeiro nivel –como xa é habitual neste festival– puido escoitarse no escenario con Sés ou Baiuca e cunha climatoloxía que compensou as pequenas choivas que se viviron na xornada do xoves. Iso si, nin esa meteoroloxía impediu que todos e cadaún dos concertos estivesen abarrotados. O de onte –un dos máis esperados– o do controvertido Fermin Muguruza, cabeza de cartel e que o deu todo sobre o último escenario que pisará en Galicia. Entre o público non faltaron as consignas condenando o xenocidio de Gaza nin tampouco outras cuestións máis locais como o da celulosa de Altri. O “festival das linguas” foi, este ano máis ca nunca, o “festival das reivindicacións”.

 ONI9492 22085756
 

Música “sen parar”

Aqueles que queiran vibrar hoxe con Revenidas poden facelo xa de mañá, dado que un dos principais pratos fortes da edición – os Lendakaris Muertos– son os encargados de inaugurar a xornada musical. A súa actuación será ás doce e media no escenario principal e despois de que tanto A Duendeneta como Filloas quentasen previamente o ambiente.

A banda navarra ofrece en Vilaxoán o que é o seu derradeiro concerto en Galicia antes do seu anunciado “parón indefinido”.

A seguinte parada no escenario principal é para os fans do Monoulious DOP, que desembarcan en Vilaxoán ás 14:15. Darano todo para que xusto despois, ás 15:20 horas, Mondra protagonice a súa particular “ronda” vilaxoanesa despois de ter triunfado nos concertos da Xunqueira o pasado mes de agosto en Vilagarcía. A música en directo non terá parón na explanada portuaria e no parque de Dona Concha. De feito ás 16:35 é a quenda de F.R.A.C. (Fundación de Raperos Atípicos de Cádiz) co seu estilo baseado en fusionar rimas ao estilo romanceiro gaditano. Os Dakidarría, sobre os que non se entende Revenidas sen a súa participación, tamén deixarán a súa impronta en Vilaxoán coas súas letras cargadas de consignas. Farano a partir das cinco e media da tarde e cun concerto que durará hora e media. Bewis de la Rosa actuarán ás sete da tarde e Heredeiros da Crus, outro grupo dos máis esperados e que son un clásico en Vilaxoán.

Onza actuarán ás 21:50 e Riot Propaganda celebrarán o seu regreso a partir das once da noite.

La Élite, o dúo de “synthetik punk”, actuará no Escenario Galicia ás doce e media, mentras que La Fúmiga farano ás dúas menos vinte da madrugada. Omiri será quen cerre as actuacións grandes e de pago cunha actuación ás tres da madrugada. O fin de festa correrá a cargo da Yaya DJ.

Cabe recordar que tamén hai actividades e experiencias paralelas como catas durante a xornada e tamén os concertos a bordo. Hoxe é a quenda de Uxía ás 13 horas, de Xisco Feijóo ás 15 horas e de O Rabelo ás cinco da tarde.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620