Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Ravella encarga o plan de xestión e inventariado dos parques da Coca e da Xunqueira

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Vilagarcía acaba de contratar un servizo de consultoría e asesoramento especializado para a axeitada xestión e conservación das árbores dos parques e zonas verdes municipais. Será a empresa Arbogal –cun contrato que ascende a 12.039 euros– a que se encargará de realizar os citados plans de xestión no parque da Coca e no da Xunqueira. Non é a primeira vez que o goberno local contrata unha acción destas características, dado que xa se executaron no seu día nos xardíns de Ravella, nos parques da Compostla, Alameda, Praza de España e Valdés Bermejo.

Dende o goberno municipal sinalan que o coidado e conservación das especies arbóreas nos parques e zonas verdes é un dos obxectivos para garantir a seguridade da cidadanía e unha das liñas de actuación que segue o departamento de Medio Ambiente en diferentes puntos da cidade.

Así pois a empresa Arbogal avaliará unha por unha as árbores da Coca e da Xunqueira coa finalidade de inventarialas e elaborar fichas individualizadas nas que se inclúan todos os datos de interese tales como descripción da especie, localización, estado de saúde, intervencións realizadas, tratamentos ou recomendacións entre otras. Este traballo –indican dende o Concello– permitirá facer un seguimento pormenorizado dos exemplares, detectar posibles afeccións dun xeito máis rápido e determinar as actuacións necesarias coa maior brevidade.

A maiores Arbogal tamén revisará e fará seguimento das árbores dos parques que xa contan con estudos previos e realizará tarefas de poda e tala en altura que se vaian precisando. Haberá dous arboristas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620