
O vilagarcián Joam Berride expón na Sala Rivas Briones unha exposición sobre os campos de refuxiados. Son un total de 58 obras que enchen de cor as dúas prantas do edificio situado na Casa de Cultura.
Berride explica que "Refugee Camps" naceu de casualidade, cando veu unha foto dun campo de refuxiados chino, que é unha das pezas da mostra. O resto, foron creándose pouco a pouco co paso dos anos, nun proceso no que se van introducindo variacións, como os símbolos relixiosos.
O autor considera que a relixión xoga unha parte importante nestas situacións e chama a facer unha reflexión: "Poderíamos ser nós", asegura Berride, que levaba máis dunha década se expor na Rivas Briones.
Precisamente a súa volta á casa celebrouna a concelleira de Cultura, Sonia Outón, que destacou que a complexa temática se presenta "dunha forma moi colorida". O alcalde, Alberto Varela, incidiu nas sensacións que "moven" as pinturas e no seu contenido social e reivindicativo.
A mostra pode visitarse ata o 2 de xullo.