Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

La Pegatina sobe hoxe ao barco de Revenidas nunha das súas últimas singraduras

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Son deses grupos que levan o Revenidas como apelido e por iso será en Vilaxoán donde ofrecerán un dos seus últimos concertos antes de retirarse dos escenarios despois de máis de dúas décadas de traxectoria. Os cataláns de La Pegatina ofrecen hoxe a partir das dez da noite o que é un dos concertos máis esperados da edición festivaleira deste ano e farano con sorpresa. Despois do “subidón” da primeira xornada con nomes como Lendakaris Muertos e Dakidarría sobre o escenario a xornada do venres vén cargada de propostas.

Xa de mañá presentarase no centro social do Preguntoiro (ás 13 horas) o documental de Dakidarría “Seguimos en pé!”. A entrada é de balde.

A música no recinto portuario comezará ás cinco coa Duendeneta seguida de ETS media hora despois. Ás 18:30 os que asistan ao Revenidas teñen a oportunidade de ver en directo a García MC & Nación Quilombo, que anunciaron a desaparición do seu proxecto de forma definitiva.

Ás 19:30 horas é a quenda das Fillas de Cassandra e Lontreira seguirá animando aos presentes a partir das nove menos cuarto. Tras outra intervención da Duendeneta tocará La Pegatina e, de seguido ás 23:40, Miss Bolivia non deixará títere con cabeza coa súa fusión de música urbana con estilos de raíz.

Os esperados Narco non soarán ata as 00:50, pero chegarán con forza co seu proxecto transgresor de punk rock. Regresan tras seis anos parados e Revenidas é un dos lugares escollidos para deleite dos seus seguidores.

Muyayo Riff e Serial KillerZ son os encargados de pechar a xornada de concertos en Vilaxoán. Cabe recordar que mañá sábado Revenidas abre as portas xa de mañá e que aqueles que aínda non teñan entrada poden conseguilas a través da web oficial do festival ou na propia taquilla instalada ao carón da entrada do recinto

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620