
As comarcas da Ría de Arousa sacaron todas as súas artes á luz para conmemorar o Día das Letras Galegas. Unha celebración moi multidisciplinar acorde coa figura á que está dedicada nesta edición tan importante efeméride, a de Luísa Villalta, que cultivou as letras, o teatro e a música.
Precisamente os sons foron os grandes protagonistas da xornada, da man de grupos tradicionais como os de Malveiras o Escola Gato Negro, que actuaron en Carril antes da tradicional ofrenda no busto de Rosalía de Castro. Finalizou o acto, moi concorrido, ao compás do himno galego. Pero a música non acabou, se non que se pasou ao interior, ante o ceo ameazante. Foi o vilagarcián Xosé Duarte o encargado de amenizar a “sesión vermú”. En Sobradelo, houbo unha gran churrascada con música e baile e en Rubiáns un Encontro Folclórico.
Tamén en Cambados houbo acompañamento musical da man da Banda de Castrelo. Foi no Salón Peña, onde tamén tivo lugar o Festival tradicional Con de Xido. No Salnés houbo tamén actos en Ribadumia, co VII Recoñecemento aos que falan galego que, neste caso, recaeu sobre o Umia. E na Illa foi o mar o cómplice dos versos de Villalta, amante da natureza como plasmou na súa obra. Os actos organizados pola Asociación Dorna, coa colaboración do Concello e da Deputación, incluíu lectura de pregón, exposición de traballos escolares e a botadura de “Uxía” e “Dominga”.
Os libros, tamén presentes
Pero a literatura non perdeu protagonismo na xornada das Letras. En Sanxenxo, o Concello e o Círculo Cultural Deportivo entregaron os premios do certame literario “Os Picariños”, que foron parar a Íker Filgueira, Daniel Martínez, Alba Gómez, Sofía Cherkaoui, Carmen Alonso, Jorah Padin, Alba Pérez, Ander Guiance, Sabela Lázaro, Carlos González, Sofía Piñeiro, Andrea Iglesias, Ángel Oubiña, Marta Otero , María Estévez, Ismael Fahde, Emily Juliet Aponte e Dana Aspres. No acto non faltou o acompañamento musical do violonchelo e o violín, que tocaba con frecuencia a autora homenaxeada este ano.

En Meaño houbo tamén moita música, da man dos nenos da Escola e da Asociación Cultural Penaguda, e se entregaron os agasallos dos concursos de murais, debuxos e relatos. En Meis, actuou o grupo Alecrín. Tanto no Salnés como no Barbanza houbo eventos literarios.
En O Grove celebrouse na librería Nobel: en Rianxo tivo lugar a Feira de 1906, en Taragoña, así como a ofrenda floral: o programa en Ribeira incluíu monicreques, actuacións e concertos; en A Pobra o grupo “Tanto nos ten” amenizou as rúas e o venres presentouse un libro de Esperanza Mariña, sobre a vida e obra de Villalta; en Boiro os actos trasladáronse ao Pazo de Goiáns, donde houbo pulpeiras, animación musical, gastronomía, presentacións literarias, concertos, unha exposición sobre Villalta e unha Feira Artesanal e Literaria.
Próximos actos
Os actos continuarán hoxe. En Vilagarcía, está prevista a inauguración sobre a vida e obra de Villalta, na Biblioteca municipal; en Cambados na súa xira de 40 aniversario. Será co espectáculo “Vilatriste e Vilalegre”, na Praza do Con de San Tomé e para todos os públicos. O teatro, que tan ben cultivou a autora coruñesa, tamén chegará a Vilanova e en Rianxo terá lugar a romaría “Namórate da aldea” e o Festival Infantil Tradicional Tr3s Pra’3.








