Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Dubioza Kolektiv e The Rapants, hoxe na xornada inaugural do Revenidas

Rematou a conta atrás e Vilaxoán inicia hoxe unha nova edición do Festival Revenidas. Faino cun cartel de luxo xa na primeira xornada e no que destaca a actuación do grupo balcánico Dubioza Kolektiv a partir das 23:15 horas. Uns habituais da cita vilaxoanesa e que farán gozar aos asistentes dende o primeiro minuto. Imposible estar parados. En todo caso as portas do festival abren ás seis menos dez da tarde cunha sesión inaugural a cargo da Duendeneta. Esta quentará os motores para o que está por vir. Ás 18:20 no Escenario Galicia actuará Hugo Guezeta e xusto a continuación, ás 19:20, será a quenda de Dick Move no Escenario Vibra Mahou. Os The Rapants – que sempre consiguen facer bailar en Vilaxoán incluso a aqueles que non queren– actuarán a partir das 20:20 no escenario grande.

De seguido, ás 21:35 horas actuarán The Baboon Show e antes da gran actuación da noite dos Dubioza volverán a pinchar os djs da Duendeneta.

Tras os artistas dos Balcáns subirán ao escenario Sanguijuelas del Guadiana ás 00:40 e Buhos ás 01.50 horas. Os últimos artistas para a primeira xornada do festival son Galician Army, que actuarán ás tres da madrugada.

Dende a organización sinalan que os abonos para as tres xornadas de pago do Revenidas seguen á venda e tamén as entradas por día. Poden adquirirse a través da web oficial www.revenidas.com a partir deste mediodía e tamén na propia billeteira do festival.

Cabe recordar que as persoas que merquen o abono tamén poderán reservar na web o acceso á acampada en A Pelada por un importe de 15 euros, con servizo circular de bus gratuíto.

O que está claro é que hoxe só será un aperitivo, dado que o festival espera aínda a grandes nomes que circularán pola explanada portuaria e polo parque de Dona Concha. É o caso de Talco, Fermín Muguruza, Sés, Mondra, Heredeiros da Crus ou Baiuca entre outros. O domingo a cita festivaleira rematará coa gran sardiñada popular e co circo solidario no lugar de costume e cos horarios de costume.