Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

O BNG de Vilagarcía reivindica á poeta universal, unha Rosalía “feminista” e “muller avanzada”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O BNG regresou ao busto de Rosalía de Castro, en Carril, a escasos metros da vella casa desde a que a poeta universal miraba ao mar, para reivindicar a súa figura como “feminista, galeguista” e como “a muller avanzada ao seu tempo, que representaba a modernidade que, en definitiva, encarana eses valores que promove” a formación nacionalista, segundo sinalan nun comunicado..

No 188 aniversario do nacemento da autora de ‘Cantares Galegos’, o BNG de Vilagarcía realizou a tradicional ofrenda flora, acompañada por lectura de poemas. Os nacionalistas comparan os valores de Rosalía cos que promoven desde a súa propia formación para acadar “unha Galiza orgullosa da súa identidade, con cultura e lingua propias, que aposte por avanzar e na que deixemos atrás esta década escura do PP, que está malogrando o país”.

Ademais, os nacionalistas aproveitan esta cita para apelar ao espíritu e a esa “rebeldía rosaliana”, de cara ao próximo 23 de febreiro, cando en conmemoración do nacemento da poeta está convocada unha manifestación de Queremos Galego en Santiago de Compostela. “Temos que demostrar, enchendo as rúas, que a maioría social de Galiza sente orgullo da súa lingua e non permitirá que siga sendo discrimanda”, sinalan desde o BNG de Vilagarcía.

A formación incide en que “sen igualdade non hai liberdade” e se pregunta onde están ambas “na educación, na sanidade, nos medios de comunicación”, ao mesmo tempo que insiste en que non permitirá que “a lingua galega sega sendo tratada como unha lingua de segunda”. Os nacionalistas reinvidican as palabras de Castelao, no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento, para lembrar que a situación do idioma en Galicia “é un problema de liberdade e dignidade”. Por elo, comprométense a seguir traballando por “mil primaveiras para o galego”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620