Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

A asociación Breogán pon en marcha unha nova edición do WallaPiñe no Piñeiriño

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Asociación Veciñal Breogán organizará un punto de encontro de libros de texto e material de segunda man no Centro Cultural, con motivo do inicio escolar. É o WallaPiñe, que chega xa á súa terceira edición e que terá lugar o sábado, 6 de setembro, entre as 18 e as 20 horas.

O colectivo recorda que, con este mes, son moitas as familias que pasan dificultades para facerse co necesario para a volta ao cole e cubrir as necesidades dos escolares. O WallaPiñe é un punto de venda, intercambio ou doazón de libros e material escolar, que funciona a través de formularios. As mesas están divididas por cursos e cada persoa interesada en vender ou intercambiar facilita a información e o seu contacto.

Unha vez cubertos os formularios, colócanos no botón de ‘busco’ ou ‘vendo/intercambio’. Tamén hai xente que se achega a doar libros para que alguén, con sorte, chegue primeiro a esa mesa e os leve. A asociación incide en que non cobra absolutamente nada, nin se fai cargo do material. A súa intervención cíñese á cesión do centro cultural, situado na Rúa Fermín Bouza-Brey. O WallaPiñe naceu no ano 2023, coa intención de botar unha man poñendo as instalacións a disposición da veciñanza para intercambiar, vender ou mercar material de segunda man. O que ía ser un sábado pasou a celebrarse durante tres fins de semana seguidos e a romper fronteiras na segunda edición, celebrándose tamén en Trabanca Badiña e Faxilde da man das súas asociacións veciñais.

En Breogán aseguran que “somos conscientes de que moitas veces é complicado dar con persoas que intercambian ou vendan material de segunda man”. De feito, “xa hai xente interesada, que se achega ao centro a preguntar pola xornada de venda e intercambios de libros e material escolar”, explican. A actividade está aberta a todo o mundo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620