
As vendas de libros en galego caen ao sete por cento, segundo os datos que ofrece Galaxia. O seu director de edición, Marcos Calveiro, é pesimista coa evolución. “Chegamos a alcanzar o 14 por cento”, explica o tamén escritor vilagarcián, que ve especialmente difícil atraer ao público infantil. E é que o tempo que se pasa tras a pantalla do móbil deixa pouco para as follas en papel, pero tampouco demasiado para o libro electrónico. “Vese moito contido por redes, pero lese pouco”, apunta Calveiro .
A situación do libro en galego é algo que preocupa especialmente na editorial Galaxia. “Os medios non dan visibilidade, as librerías non os poñen nos escaparates e a situación da lingua é a que é”, lamenta Calveiro.
O listado de libros máis prestados nas bibliotecas de Sanxenxo e Valga avala esta visión do editor. Nin entre os adultos, nin entre os nenos, triunfan os títulos en galego. De feito, só aparecen tres obras para os de maior idade: ‘A noite das cebolas’, de Rosa Aneiros; ‘Aire negro’, de Agustín Fernández Paz; e ‘Ollos de Auga’, de Domingo Villar.
Todas elas forman parte dos préstamos da Biblioteca de Valga, mentres que na de Sanxenxo todos os títulos que máis se pediron están en castelán. En canto aos nenos, na valguesa hai dous títulos no idioma propio: ‘O gran club dos dragóns malos’, de Beach; e ‘De que cor é un bico?’, de Rocío Bonilla.
os máis lidos |
âAs fillas da criadaâ, de Sonsoles ÃnegaâTodo vuelveâ, o último da saga de Gómez JuradoâLa maestra gitanaâ, de Lola CabrillanaâEl moco más rico del mundoâ, de Valeria Kiselovaâ¿Crees en los chulicornios?â, de Make Believe IdeasâA noite das cebolasâ, de Rosa Aneiros |
A competencia dos móbiles
“A competencia das novas tecnoloxías é un problema. Pero xa os ves cando vas a un bar e está todo o mundo co teléfono na man. Non son os nenos ou os mozos, son todos”, advirte Calveiro. Fronte a esta realidade, os intentos por atraer novos públicos son diversos. Nuns tempos nos que os dispositivos advirten do tempo de lectura antes de comezar a ler, Galaxia pon en marcha unha sección de audiolibros teatralizados, orientados aos cativos. Coincide o editor coa libreira Anabel Rocha ao sinalar que a maioría das lectoras son mulleres, aínda que desde ‘Hojas de Lorien’ son máis optimistas. “Infantil é das seccións que máis se venden”, explica a libreira.
Nas bibliotecas municipais, a diferencia non é moi elevada en canto á idade. De feito, en Valga, en determinados meses, como o de marzo de 2024, houbo máis préstamos entre nenos (222) que para adultos (193), ao igual que sucedeu durante as festas de Nadal. En canto aos máis lidos, dous coinciden tanto en Valga como en Sanxenxo. Son Juan Gómez-Jurado, autor da saga ‘Reina Roja’, e Sonsoles Ónega, premio Planeta 2024 con ‘As fillas da criada’.
Polo demais, aparecen nos listados autores como Almudena Grandes, Pedro Feijóo, Murakami, Camila Läckbert, Gabriel García Márquez ou Lola Cabrillana, coa mestra xitana que se fixo famosa nas redes e atrapou a lectores de todo o estado.
Tamén cobra relevancia a banda deseñada, con versións da ‘Patria’ de Aramburu ou os mangas máis emblemáticos dos anos noventa, como ‘Dragon Ball’ e ‘Naruto’.
Canteira crecente
E mentres as vendas caen para o libro galego, a canteira crece. “Hai relevo xeracional, hai cada vez máis mulleres, hai moitos escritores, pero hai menos lectores”, lamenta Marcos Calveiro. Entre as recomendacións do editor para tentar cambar as tendencias, atópase un retrato do Vigo naval dos anos noventa, a cargo de Cintya Menéndez, ‘Son como glaciares os barcos de aceiro’ e ‘Rosalía Oculta’, de Paula Mayor, a banda deseñada sobre a figura máis universal da lingua galega.
Sanxenxo sumou máis de dous centos de usuarios en 2024 e alcanza os 7.323 |
As bibliotecas municipais de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga sumaron un total de 261 usuarios durante o ano pasado, alcanzando a cifra de 7.323. Ademais, en 2024 recibiron 30.246 visitantes, unha cifra moi elevada sobre todo tendo en conta que as instalacións do centro están pechadas desde o mes de novembro, por mor das obras. En canto ao número de prestatarios activos, son 1.087, dos que 769 son adultos e 318 son nenos. Ademáis, os veciños de Sanxenxo levaron para casa 16.454 libros e revistas durante o ano 2024, asà como un total de 1.031 pelÃculas. à no séptimo arte onde se igualan máis os préstamos entre nenos e adultos. En canto ás máis solicitadas, entre os maiores son âPiratas do Caribeâ, âGans of New Yorkâ e âMama MÃa!â, mentras que os cativos apostan por âFrozenâ ou âCocoâ. O DÃa do Libro chega hoxe ao Salnés, O Barbanza e Ulla-Umia cunha chea de actividades nas bibliotecas municipais e nos colexios e institutos. Ademais, en VilagarcÃa a Mesa das Verbas estará na Praza de Galicia durante toda a mañán, mentras que pola tarde o Auditorio acollerá a presentación dun recopilatorio de Plácido Castro. l |