Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

As trobadoras de Clara Pino alzan a voz na Aldea Global de Bamio

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

‘As Trobadoras silenciadas’ é o título do segundo poemario da polifacética Clara Pino e é tamén toda una declaración de intencións. Con ilustracións de Ángeles Garrido, a obra recolle aquelas voces que foron esquecidas ao longo da historia e o traballo invisible de xeracións de mulleres. Cobran vidas acompañadas polo arte gráfico e por una musicalidade que está presente.

Tamén o estivo durante o propio acto de presentación, que tivo lugar nun espazo moi especial: A Aldea Global, o estudo que Pablo Vidal puxo en marcha en Bamio e que no seu interior tamén aglutina a beleza da paisaxe que se pode ver desde as fiestras: A unión entre o Ulla e a Ría de Arousa, que se dan a man nun local no que os artistas teñen o seu propio refuxio para a expresión.

A autora estivo acompañada pola tamén poeta Andrea Fernández Maneiro, así como polo editor, Xabier Romero. Editorial Elvira publica este libro, que definen como “unha viaxe apaixonante a través da voz esquecida das mulleres trobadoras, aquelas que, a pesar dos séculos de silencio, nunca dexaron de cantar no corazón da historia. “Non é só un rescate literario, é un acto de xustiza poética”, aseguran desde a editorial. Durante o acto, se recitaron algúns dos poemas e Clara Pino interpretou unha obra musicada de Rosalía de Castro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620