Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Os actos das Letras Galegas en Carril trasladaranse ao interior en caso de chuvia

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As previsións meteorolóxicas para a xornada de mañá, 17 de maio, Día das Letras Galegas, obrigan á Concellería de Cultura a dispoñer un plan B para o caso de as chuvias fagan acto de presenza durante a mañá. Nese caso, todas as actividades previstas ao aire libre, excepto a ofrenda floral, trasladaranse ao interior da sede do Gato Negro.

A axenda prevista para a xornada de mañá en Carril inclúe pasarrúas dende ás 11 da mañá e baile tradicional da Escola Gato Negro e Malveiras ás 12. A ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro celebrarase ás 12.30 coa participación das autoridades locais, e a partir das 13 horas pecharase a celebración co concerto de Xosé Duarte.

Xantar en Sobradelo

Non será necesario no caso do xantar organizado en Sobradelo, donde xa teñen preparada unha carpa para a ocasión. Cabe recordar que haberá churrasco, viño, auga ou refresco por un prezo de quince euros para os adultos e dez para os nenos. Será no Campo do Outeiro, onde tamén haberá festa rachada e música, cunha sesión vermú a cargo de Nós de Sobradelo y, máis tarde, coa actuación do Dúo Matices.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620