Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ulla - Umia

Valga xa ten todo listo para un agosto de anguía e caña

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Agosto é, en Valga, sinónimo de anguía e de caña do país, dous produtos que levan xa 35 anos enxalzándose na festa gastronómica por excelencia do concello. Para ir abrindo boca esta mañá presentáronse, no Centro de Interpretación da Caña, as actividades do Agosto Gastronómico coa participación dos tres cociñeiros protagonistas desta edición: Álex Iglesias, Coque Fariña e Xoanqui Ameixeiras. Showcookings, sesións de coctelería, obradoiros, batallas culinarias e un concurso de receitas farán que o vindeiro mes Valga sexa parada obrigada para os amantes da boa cociña. As actividades darán comezo o día 5 de, cun obradoiro de cociña para nenos de entre 5 e 12 anos, que elaborarán dous pratos: un salgado, que terá a anguía entre os seus ingredientes, e un doce.

O certame Anguía Chef chega este ano con novidades, xa que pasará a ser un concurso de cociña aberto á participación de todos os valgueses, que poderán presentar a súa mellor receita con anguía. O Concello entregará o produto aos inscritos para que poidan elaborar os seus pratos, que se degustarán o día 22 no Centro de Interpretación da Caña.

Ademais, celebraranse catro showcookings que tratarán de sacar o máximo partido aos dous produtos protagonistas da festa. Tres deles correrán a cargo de Álex Iglesias: o día 12 “A caña no prato”, no que se cociñarán catro receitas elaboradas con caña do país; o 24 de agosto ‘Moito máis que caña’, con degustación de cócteles con augardente; e o día 26 “Universo Anguía”, coa preparación de pratos que terán como ingrediente principal a anguía.

Inscripción solidaria

O cuarto showcooking contará coa participación dos televisivos Xoanqui Ameixeiras e Coque Fariña, do programa da TVG “A voltas co prato”.

Precisamente os tres cociñeiros estiveron na presentación da programación xunto ao alcalde, Xosé María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez. “Estamos preparando as receitas con todo o noso cariño e tendo en conta o que estes dous produtos representan para Valga. Son destas cousas boas que temos en Galicia e das que verdadeiramente non somos conscientes”, subliñou Xoanqui Ameixeiras.

Todas as actividades son gratuítas, pero teñen un carácter solidario. Os inscritos deberán aportar un quilo de alimentos non perecedoiros que, posteriormente, se entregarán a Servizos Sociais. As inscricións realizaranse cubrindo as follas de solicitude e presentándoas no Concello ou a través do correo electrónico concello@valga.gal. As solicitudes atenderanse por orde de entrada

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620