Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ulla - Umia

Catoira inicia as obras de reforma do paseo fluvial das Torres do Oeste tras os danos dos temporais

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Catoira vén de iniciar as obras de reforma do paseo fluvial das Torres do Oeste co fin de corrixir os danos producidos polos temporais de finais do pasado ano. A empresa Construcciones Lemos será a encargada de renovar a senda, tendo xa iniciada estes días a retirada das madeiras inservibles e a colocación de parte dos tramos co obxectivo de que o acondicionamento de boa parte da pasarela estea nas próximas semanas.

A actuación, segundo explica a concelleira de obras, Vanessa Pérez, é a primeira fase da mellora da infraestrutura e completarase con outras que permitirán unha renovación integral. Apunta que coas chuvias, vento e inundacións da contorna o nivel de desfeita no paseo foi tal que o Concello apostou por unha obra de reparación de tramos completos pero dividida en etapas, descartándose actuacións menores que serían insuficientes. O orzamento desta fase roldará os 50.000 euros con fondos chegados do Plan +Provincia da Deputación.

A primeira fase da reforma do paseo en xeral consistirá principalmente na recolocación das vigas de madeira sobre as que se asenta o entaboado que foron desprazadas durante os temporias. Ademais substituiranse as pezas rotas, con gretas ou signos de podredume e dilatación dos listóns, deficiencias detectadas fundamentalmente pola acción directa dos ventos e o impacto da auga sobre as vigas lonxitudinais que se comportaban a modo de barreira. Para completar esta actuación, nas seguintes fases, instalaranse novas medidas de seguridade para evitar esvaróns e colocarase sinalización renovada. l

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620