Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Hai un dito no noso pobo que seguramente tí Manuel, tamén o dixeras alguna vez: “Na Arousa conosémonos todos”.

Eu nacín fai 37 anos e vivín toda a vida aquí, teño familia, amigos e moitos coñecidos. A xente do noso pobo sabe quen é Matías, coas suas virtudes e os seus defectos, coma calquera. Pero ti, que estuvestes cerca de 20 anos en Canarias, normal que non me coñezas…

Agora que estás de volta, e as miñas ideas políticas non coinciden cás túas, xa non é que non teñas a intención de coñecerme, é que o teu obxetivo desde un principio foi xulgarme e atacarme persoalmente, sen importarche o mais mínimo o dano que me fas, o que lle fas a miña familia e o que lle fas ao noso pobo.

Un pobo, no que a súa xente sabe que podemos pensar diferente pero que isto non nos pode enfrentar persoalmente, que temos que mirarnos de frente e respectarnos mutuamente.

Por todo isto deberías pararte a reflexionar, pedir consello e darte de conta de que estás actuando mal, porque rectificar é de sabios.