Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

40 anos de Autonomía Galega

e as forzas políticas e culturais da nosa Terra non se moveran, por segunda vez nos quedaríamos atrás sen competencias como no 1936 a diferencia do Vasco e Catalán que foron aprobados en tempo.

N principio desde Madrid nos querían impor un Estatuto de terceira división, un aldraxe que movilizou aos galegos por non ter as mesmas competencias que as Comunidades históricas de Cataluña e País Vasco. Esto era tan discriminatorio que fixeron coincidir as protestas da esquerda e da dereita unidas co mesmo fin, así como as asociacions culturais de Galicia.

Tamén houbo outro conflito localista pola capitalidade en Santiago que os partidos acordaran, pero dous pesos pesados dirixentes de dous partidos, Paco Vázquez do PSOE, e Gonzalez Dopeso de AP loitaron duramente pola capitalidade para A Coruña, rompendo a disciplina de voto dos seus partidos.

Pero ao final triunfou unión e o sentidiño. É digno de destacar a unamidade de todos os partidos nomeando aos 16 membros do Estatuto da Autonomia tirando do mesmo carro para a consecución da Autonomía de Galicia, da que hoxe disfrutamos. É de agradecer o dialogo que tiveron os da “Comision dos 16” que ben merecen o recoñocemento con nome, apelidos e partido, para que os políticos de hoxe tomen nota para conseguir o mellor para Galicia:

1. Luis Cordeiro Rodriguez, UCD de Lugo (*)- 2. Víctor Vázquez Potomeñe UCD de Lugo- 3. Lutgarda Gacia Boente, por UCD, A Coruña, 4. Pablo González Mariñas por UCD. A Coruña, 5. Manuel Reimóndez Portela por UCD, Pontevedra, (*). -6. Pablo Padín Sánchez por UCD, Pontevedra. 7. Ramón Álvarez Cid por UCD, Ourense. 8. Juan Manuel Álvarez Ramos por UCD, Ourense. 9 (*). Francisco Puig Muñoz por AP. 10. Manuel Vázquez Río por AP, 11. Indalecio Tizón Covelo polo PSOE.(*) .12. José Vázquez Fouz polo PSOE. 13. Ángel Guerrero Carrera por PCG.(*).14. Luis Sobrado Fernández por el PG. 15. Camilo Nogueira Román polo POG. 16.Fernando Solla Fernández por PTG.

Ao final as autonomías seguen e foron útiles ainda que hai partidos da extrema dereita que queren eliminalas como no seu día dixera o finado Don Manuel Fraga que se gañaba as eleccións xerais eliminaría o art. 8 da CE que son as autonomías acordadas na Constitución de 1978 , pero os votos non lle chegaron e gracias a iso pudo presidir e promocionar a autonomía de Galicia bastante ben e sobre todo a defensa da lingua da Terra que ninguén esperaba dado os pronunciamentos cando era ministro de Información e Turismo.

Os políticos de antes e de agora fan máis ruido que noces, e afortunadamente teñen que corrixir e pactar para gobernar e durmir tranquilos.