Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Urxen solución a un muro en risco de derrubamento nun patio do CRA de Ribadumia

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Somos Ribadumia denunciou hoxe o que considera unha situación de inseguridade no patio dunha aula do Colexio Rural Agrupado (CRA). Advirten que un valado de bloques de cemento leva semanas “en risco de derrubamento” neste patio.

“A situación de perigo dese valado para nenos e nenas é evidente, pero o Concello non pasou de apuntalar e sinalar”, afirman. “Está en estado crítico, a piques de derrubarse enteiro, o cal supón un perigo para os nenos, as nenas e o profesorado desa aula”, insisten.

CRA Ribadumia
Outra vista do muro | cedida

Segundo indican desde a formación opositora, operarios do Concello procederon  fai preto dun mes a apuntalar o valado e a poñer unha rede a xeito de separación polo lado do patio da aula. “Xa non volveu por alí ninguén, o cal non nos parece nin de lonxe unha maneira dirixente de actuar”.

“Unhas táboas por un lado cuns puntais que calquera pode tirar ou mesmo roubar, non nos parece a mellor solución”. Además, advirten de que “polo outro lado, o patio da aula, que conta con columpios e xogos, non se pecha fóra das horas lectivas e algún grupo de nenos ou non tan nenos pode ir por alí a curiosear, e unha rede de plástico entre a área de xogo e o valado tampouco nos parece moita protección”.

Engaden, a maiores, que lles consta o malestar de nais, pais e da propia ANPA. “Polo que sexa, David Castro fai oídos xordos ante a situación”, indican desde Somos contra o alcalde. Urxen que se actúe “de xeito inmediato”, retirando o valado e se proceda a unha solución “que dea seguridade”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620