Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Soalleira celebra a súa tradicional Muiñada con música, baile e unha churrascada

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Asociación Cultural Soalleira celebra mañá a octava edición da súa tradicional muiñada no Muíño da Costa de Dorrón durante todo o día. A festividade comezará ás 11 horas coa habitual andaina pola senda fluvial do río Pintillón, guiada pola Asociación Andarela e que partirá desde o Muíño de Xián ata o Muíño da Costa, onde se prolongará o resto da celebración.

A xornada continuará cun obradoiro de pan de millo para os máis pequenos, ás 12 horas, seguido dunha actuación do grupo de Cantos de Taberna Soalleira ás 13 horas.

Posteriormente, ás 14, terá lugar a churrascada popular para a que é necesario reservar previamente para poder participar, a través dos números de teléfono 636 332 459 e 676 770 331. Grazas á recaudación desta comida común, a asociación pode levar a cabo a Muiñada Soalleira.

Pola tarde, a programación continuará ás 17 horas co espectáculo infantil a cargo de Paco Nogueiras, seguido ás 18:30 dunha actuación de Soalleira. Finalmente, a celebración rematará cun concerto da agrupación grovense, Cinco en Zocas, ás 21 horas.

Ano tras ano, a Asociación Soalleira celebra esta festa popular onde decenas de persoas se reúnen na contorna do Muíño de Dorrón para festexar durante todo o día.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620