Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Sanxenxo Degusta Tapas regresa con corenta propostas nun total de 24 establecementos

Un total de 24 establecementos de hostalería de Sanxenxo mostrarán a partir de hoxe a súa habilidade na cociña con 40 propostas gastronómicas diferentes e de gran calidade coas que tratarán de sorprender aos seus clientes no marco do concurso Sanxenxo Degusta Tapas. O prezo de cada unidade será de 3 euros e os clientes participantes poderán entrar no sorteo de diversos agasallos.

A cita prolongarase ata o 2 de xuño e presentouse onte na Casa Mariñeira de Don Fernando. O concelleiro de Turismo, Juan Deza, incidiu en que “cúmprese a súa décimo terceira edición o que xa demostra que é unha proposta testada con éxito e que serve de escaparate para amosar o noso potencial na cociña e a calidade dos nosos produtos”. No acto de presentación estiveron representantes hostaleiros que participan no concurso coas súas diferentes propostas.

Establecementos participantes

Os establecementos que presentan creacións para as categorías de tapas creativas (17) e tradicionais (23) nesta edición son: A Fonte da Vella, Asador Aserradero, Bar A Lonxa Portonovo, Cervecería Azor, Gastro Bar La Cueva, Taberna de Rotilio, Arrocería Boca do Río, Asador O Forno, Castelao, Chiringuito Prado Bello, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, O Vasko, Papá Pato, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, Taberna A Batea, Taberna Lilaina, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante O Pescador, Restaurante Xerfa, Taberna A Codia e a Terraza del Mar.

Cada local establecerá un horario de mañá e tarde para a degustación das tapas, que se prolongará ata o 2 de xuño. Os clientes disporán dun “Degusta Mapa” coa localización de todos os negocios, que serán valorados polo público, encargado de elixir a mellor preparación nas dúas categorías habilitadas. Segundo as bases, tan só aquelas persoas que proben tapas en polo menos cinco locais poderán votar a mellor, a cal recibirá un diploma acreditativo.

Ademais e coma sempre, os clientes desta ruta “Degusta Tapas” poderán participar en sorteos de distintos agasallos, como estancias en hoteis, visitas a adegas ou ceas.