Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Reportaxe | O Grove mergúllase nunha viaxe á tuna compostelana do século XIX

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Troyanos de Compostela é a agrupación de pulso e púa, gaita e percusión do Museo Casa de la Troya, un museo romántico que amosa a vida dos estudantes universitarios de finais do século XIX e principios do XX. A entidade ofrecerá un concerto esta tarde no Auditorio de O Grove, onde transportará ao público a “unha pequena viaxe a Santiago de Compostela no tempo e no espazo, co fío argumental da novela de Pérez Lugín”, según advirte o presidente da asociación, Benigno Amor.

Deste xeito, a través dunha actuación de cerca de dúas horas de duración, o actor Suso Martínez, a través do personaxe de Casimiro Barcala, fará o papel de narrador, co que presentará aos asistentes o argumento da obra. “Con ese fío iremos interpretando as melodías divididas en varios bloques”, que debuxarán a historia da tuna en Compostela, “desde 1873 que aparece a primeira ata os nosos días”, asegura Amor.

En canto ao repertorio, inclúe pezas do seu disco “Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya”, estruturado en cinco partes: Santiago, En Portugal, Viva Galicia!, A Romaría, Fonseca e Aires de voda. Tampouco faltarán temas de músicos galegos e populares como “Unha noite na eira do trigo”, “Fonseca”, “La Alfonsina”, “Muiñeira de Ponte Sampaio”, “Os teus ollos”, “Lela” ou “Foliada do rueiro”, entre outras.

En total a agrupación suma uns 39 membros, dos que 32 estarán no Grove, con músicos de corda pulsada, percusión, acordeóns, gaitas e solistas, que compoñerán un completo número, que conta co financiamento do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e que terá lugar a partir das 20 horas. Os interesados todavía poden facerse cunha entrada no propio Auditorio, en horario de 18 ás 19:45 horas.

Desde a agrupación, Benigno Amor chama participación da xente nova para que “desfruten de cancións tan populares para o público de toda Galicia”. De xeito, Amor recoñece o problema da agrupación para acadar un relevo xeracional. Algo que achaca á falta de “rondallas  en colexios e institutos”. En calquera caso, “pola nosa banda coidamos que o mellor xeito de axudar a revertir a situación é seguir interpretando a nosa música alá onde nos chamen”. En el horizonte, aunque con otro formato de actuación, la agrupación encara nuevos conciertos en Guimarães, Santiago ou A Coruña, entre otras citas de importancia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620