
O PSOE de Ribadumia vén de presentar unha moción na que solicitan una bonificación no prezo da entrada ao banquete da Festa do Tinto. Os socialistas sinalan que o importe do tique pasou dos trinta euros do 2024 aos corenga agora, “un incremento porcentual do 33,33%” que creen que non todos os interesados poderán asumir.
Por iso, considerando a festa “emblemática” na localidade, piden “establecer unha bonificación do 50 % sobre o incremento do prazo” exclusivamente para veciños censados nesta localidade.
Sen debate
Porén, lamentan que a moción quedase sen debater no Pleno, posposta a súa votación ata a sesión de xullo, “o cal carece de sentido”, porque, para entón, xa terá pasado a festa, en xuño. O PSOE aínda plantexou a proposta como rogo, pero foi rexeitada no Pleno deste xoves.
A maiores, o PSOE afirma que se incumpre a Lei de Transparencia por parte do Concello, “xa que o portal municipal non publica actas dos Plenos desde maio de 2019 nin das xuntas de goberno desde decembro de 2017”. “Leva seis anos sen publicarse unha soa acta de Pleno e case oito sen subirse unha acta da xunta de goberno”, cuestionan dende o grupo opositor.