Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

A Orquestra de Cámara Galega ofrecerá un concerto gratuíto en O Grove o 25 de xullo

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de O Grove conmemorará o Día de Galicia cun concerto da Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba Otero. O concerto terá lugar no Auditorio e dará comezo ás 21 horas. A entrada será gratuíta, se ben é preciso retirar previamente unha invitación, que se poderá recoller a partir do luns tanto na Casa da Cultura como na Oficina de Turismo.

A Orquestra de Cámara Galega interpretará un repertorio baseado en autores galegos e terá unha duración aproximada de 70 minutos. Segundo sinalou o director da orquestra, Rogelio Groba Otero, que conta cunha formación de en torno a 20 músicos, o concerto tamén terá unha vertente didáctica e interactiva. A concelleira de Cultura, Pilar Galiñanes, amosou a súa satisfacción polo feito de que O Grove poida ofrecer aos seus veciños e visitantes unha variada programación cultural, tamén durante o verán, con propostas de tanto prestixio como este concerto do Día de Galicia, que forma parte do programa +Música, promovido pola Deputación de Pontevedra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620